lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

05/12/2016 15:17

Pontevedra en la Onda (05-12-2016)

Inicio de semana coa mirada posta en China tras un novo premio para o concello de Pontevedra pola sua experiencia de modelo de cidade. A maiores, visitamos o particular Belén do concello de Valga. Neste proposta aparecen todo os personaxe de actualidade. E, non esquencemos, como cada luns, de repasar as últimas novas en Cántamo en Galego, entre outras propostas musicais.

Onda Cero Pontevedra

01/12/2016 14:02

Pontevedra en la Onda (01-12-2016)

A actualidade local e a predicción do tempo centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos con Lucía Saborido, directora de SARAIVA, sobre arquitectura saudable e vivendas para toda a vida, acompañados polo arquitecto e profesor da Universidade de Sevilla, Santiago Quesada. Como cada xoves buscamos calidade coñecendo novos proxectos pontevedreses: EDIGAL é a empresa de Iago Martínez que hoxe se presenta na Casa da Luz dentro da iniciativa PONTEVEDRA TEN UN PUNTAZO. Estreamos o noso reto musical para decembro: a primeira banda que nos visita é LA CALLE DEL RUÍDO

Onda Cero Pontevedra

29/11/2016 14:48

Pontevedra en la Onda (29-11-22016)

Os orzamentos municipais e a nosa cultura centran o programa de hoxe: conversamos co portavoz do PSdG en Pontevedra, Agustín Fernández, última baza do goberno local para aprobar as novas contas 2017. No tempo do almorzo informativo desde A DEVESA falamos co director de Culturgal, Xose Manuel Aldea, e co director da orquestra SonDeSeu, Rodrigo Romaní. Ademais, como cada martes, os CRONOPIOS entran no programa para regalarnos novas recomendacións lectoras

Onda Cero Pontevedra

25/11/2016 15:04

Pontevedra en la Onda (25-11-2016)

Como cada venres con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa AXENDA cultural para desfrutar do tempo de ocio. Ademais, repasamos os temas que nos deixa a semana e escoitamos a audieta de Dina Mita coa súa particular ollada sobre a actualidade.

Onda Cero Pontevedra

24/11/2016 14:04

Pontevedra en la Onda (24-11-2016)

Repasamos a actualidade do día e buscamos a predicción do tempo. Visítanos a concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces, para sumarnos a través da radio á campaña #PrimAcoso con motivo do "Día Internacional contra a Violencia Machista". Como cada xoves temos nova edición de PONTE CALIDADE coñecendo esta semana o traballo do GALP Ría de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

23/11/2016 14:37

Pontevedra en la Onda (23-11-2016)

A actualidade da xornada lévanos a falar de orzamentos na Deputación e no Concello de Pontevedra coas valoracións do PP desde a oposición en ambas administracións. No tempo da entrevista conversamos con Carlos Taboada e Quique Mauricio sobre os proxectos de POLO CORREO DO VENTO. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS para coñecer as novidades da semana e celebramos coa Facultade de Ciencias da Educación a súa adhesión á REDE DE ESCOLAS UNESCO.

Onda Cero Pontevedra

21/11/2016 14:42

Pontevedra en la Onda (22-11-2016)

​Repasamos a actualidade da xornada e buscamos a predicción metereolóxica. No tempo de almorzo informativo desde A DEVESA conversamos co deputado pontevedrés de EN MAREA, Marcos Cal. E, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións CRONOPIOS

Onda Cero Pontevedra

18/11/2016 14:41

Onda Cero Pontevedra

18/11/2016 14:41

Pontevedra en la Onda (18-11-2016)

Repasamos os temas que nos deixa a semana e escoitamos a audieta de Dina Mita coa súa particular ollada sobre a actualidade. Como cada venres con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para a fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

17/11/2016 15:07

Pontevedra en la Onda (17-11-2016)

A actualidade do día lévanos ata o Porto de Marín onde sete persoas de nacionalidade siria solicitaron o asilo político en España. No tempo da entrevista falamos co cómico Moncho Borrajo que mañá chega a Pontevedra co seu novo espectáculo e, como cada xoves, buscamos calidade na nosa provincia: hoxe celebramos un ano de "Pontevedra ten un Puntazo".

Onda Cero Pontevedra

16/11/2016 14:33

Pontevedra en la Onda (16-11-2016)

Os novos orzamentos da Deputación, o enfrontamento entre alcaldes do PP e a presidenta Carmela Silva, ou o pasamento de Fran Pérez Narf son as cuestións de actualidade que centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos de teatro coa actriz Mónica Castro, unha das protagonistas de "Get Back", a obra que EME2 pon en escea este xoves no Principal dentro do ciclo PONTEATRO. Como cada mércores conéctámonos co CAMPUS e ademais temos sesión coach con Raquel Pedrouso.