lalin en la onda

Onda Cero Lalín

19/10/2016 15:07

A Rúa Responde (17-10-2016)

Enquisa semana: en esta ocasión, consultamos a cidadanía pola posibilidade de ampliar un día máis a feira do concello de Lalín. As opinións recollidas son moi diversas: entre os que considerán que é recomendable e os que defenden o calendario actual con duas citas por mes.

Onda Cero Pontevedra

19/10/2016 14:15

Pontevedra en la Onda (19-10-2016)

Este mércores 19 de outubro ten nome propio: é o Día Mundial contra o Cancro de Mama e abrimos o programa con datos pontevedreses e pensando en todas as mulleres que están loitando contra a enfermidade. Ademais, repasamos a actualidade local e buscamos a predicción do tempo antes de falar de TEATRO coa compañía "Teatro do Noroeste" que mañá leva ao Principal a súa obra "Palabras malditas" (ciclo Ponteatro). Completamos o programa cunha nova sesión coach con Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

11/10/2016 14:37

Pontevedra en la Onda (11-10-2016)

Unha nova reunión para o seguimento do saneamento da ría centra a actualidade do día e a nosa atención na primeira parte do programa. Buscamos a predicción metereolóxica ás portas do festivo nacional e conversamos no tempo do almorzo informativo desde A DEVESA coa directora da UNED en Pontevedra, Beatriz Rodríguez. Ademais, como cada martes ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios a cargo de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

28/09/2016 14:33

Pontevedra en la Onda (28-09-2016)

Hoxe vivimos un día de radio especial concedendo protagonismo aos nosos maiores e aos profesionais que traballan con eles no centro de día SARAIVA de Pontevedra. Adiantámonos á celebración entre 1 de outubro do Día Internacional das Persoas de Idade para reflexionar sobre qué é envellecer e cómo facelo dunha forma activa. Ademais, repasamos a actualidade local e coñecemos unha nova empresa dentro do proxecto municipal "Pontevedra ten un puntazo".

Onda Cero Pontevedra

27/09/2016 14:38

Pontevedra en la Onda (27-09-2016)

A cita electoral do 25-S continua centrando a actualidade coas valoracións dos críticos do PSdG na provincia e tamén centra hoxe o noso almorzo informativo desde A Devesa co presidente do PP en Pontevedra, Alfonso Rueda. Buscamos a predicción metererolóxica para dar a benvida a un novo anticiclón e ampliamos as nosas bibliotecas particulares, como cada martes, coas recomendaciones de Cronopios Libros gracias a Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

26/09/2016 14:27

Pontevedra en la Onda (26-09-2016)

Analizamos o resultado electoral do 25-S en clave local e provincial escoitando aos líderes pontevedreses. Buscamos a predicción metereolóxica para esta semana que comeza agardando un novo anticiclón. Como cada luns a actualidade deportiva chega da man de Rubén Rey e o ritmo poñémolo nós cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

22/09/2016 14:41

Onda Cero Pontevedra

22/09/2016 14:41

Pontevedra en la Onda (22-09-2016)

A actualidade do día e o cambio de estación coa predicción do tempo centran a primeira parte do programa. No tempo da entrevista visitamos Vilagarcía de Arousa, concello que este sábado bate record de vodas civiles. Falamos da vendima cos expertos do Consello Regulador da DO Rías Baixas e as súas adegas, e buscamos calidade no noso entorno máis próximo.

Onda Cero Pontevedra

20/09/2016 15:10

Pontevedra en la Onda (20-09-2016)

Os camiños escolares e o premio da Cultura Galega para o Museo de Pontevedra centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo do almorzo informativo desde A DEVESA conversamos co presidente de AFAPO, Jose Manuel Fontenla, neste martes véspera do Día Mundial do Alzheimer. Ademais, como cada semana, ampliamos o fondo da nosa biblioteca particular coas novas recomendacións da Librería Cronopios

Onda Cero Pontevedra

15/09/2016 15:19

Pontevedra en la Onda (15-09-2016)

A actualidade da xornada centra a nosa atención no inicio do programa coa operación "ALIGUSTRE-ORSO" como protagonista. No tempo da entrevista conversamos co cómico e mago galego Luis Piedrahita que mañá actúa na V Gala Benéfica de AFAPO. Buscamos calidade pola provincia visitando PONTEJABÓN para coñecer as novidades 100% naturais.