lalin en la onda

Concello de Pontevedra - Normalización Lingüística

09/01/2017 15:24

Cántamo en Galego (09-01-2017)

Espacio dedicado a música galega. Nesta ocasión, repasamos o interesante cartel dunha nova edición de Cantos Na Marte, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

09/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (09-12-2017)

Normalizamos a semana, despois do período de nadal, analizando dous casos de violencia machista e lamentando o falecemento do histórico alcalde de Marín, Antonio Santiago, coñecido como Toneco. Falamos do se legado político coa actual rexedora María Ramallo. Tamén, profundizamos nas novas do conflicto dos traballadores do parque de maquinaria co goberno da Deputación de Pontevedra. A maiores, atendemos unha reivindicación do Sindicato Unificado de Policía de dotar a Pontevedra cunha nova comisaria pola falta de espacio da actual. E, no eido cultural, na sección Cantamó en Galego, conversamos con Uxia sobre o novo Festival da Lusofonía 'Cantos Na Mare'. ¡Boa xornada!

Onda Cero Pontevedra

21/12/2016 14:09

Pontevedra en la Onda (21-12-2016)

A desconvocatoria da folga do lixo e o polémico pleno extraordinario do venres para aprobar os orzamentos 2017 centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista coñecemos o programa APEGO co concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña. Damos voz á REDE AXUDA coa visita da coordinadora en Pontevedra da Fundación Secretariado Xitano, Mª José Obelleiro. Como cada día deste mes pechamos o programa con BSO pontevedresa: AUSTRALIA é a banda que hoxe nos visita

Onda Cero Pontevedra

20/12/2016 14:04

Pontevedra en la Onda (20-12-2016)

O repaso pola actualidade local centra a nosa atención no inicio do programa dando tamén voz a un colectivo integrado en REDE AXUDA: hoxe conversamos con Victor Rey responsable de "Calor y café". No tempo do almorzo informativo desde A DEVESA convidamos ao presidente da xestora Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. Como cada martes incorporamos novas recomendacións CRONOPIOS ás nosas bibliotecas. E a banda sonora de hoxe para despedirnos corre a cargo da banda pontevedresa TRACTOR TROY

Onda Cero Pontevedra

19/12/2016 14:07

Pontevedra en la Onda (19-12-2016)

Repasamos a actualidade do día marcada en Galicia por dous novos crimes machistas con concentracións de repulsa aquí en Pontevedra, e o pleno municipal celebrado no Teatro Principal. No tempo da entrevista conversamos co presidente local do CLUB DE LEONES, outra das entidades que integra REDEAXUDA. Como cada luns falamos de deporte con Rubén Rey e escoitamos boa música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!". O reto de decembro segue a cumprirse escoitando hoxe a O CADELO LUNÁTICO.

Onda Cero Pontevedra

16/12/2016 14:01

Pontevedra en la Onda (16-12-2016)

Rematamos a semana inmersos na "batalla dos orzamentos" no Concello de Pontevedra, unha cuestión que centra a nosa atención no inicio do programa e en tempo de noticias. O comedor de San Francisco é hoxe o protagonista no espazo REDEAXUDA e, como cada venres, escoitamos a audieta de Dina Mita. Enredados polo mundo andamos con Javier Arnau e coa AXENDA completa dámos a benvida á fin de semana. A banda sonora de hoxe correu a cargo da banda pontevedresa Quatro de Abril.

Onda Cero Pontevedra

15/12/2016 14:09

Pontevedra en la Onda (15-12-2016)

A actualidade da xornada e a previsión metereolóxica centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista rodeámonos de arte conversando co director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle. Seguimos dando voz á REDEAXUDA coñecendo hoxe o traballo de Cártitas interparroquial. A calidade buscámola esta semana nunha tenda local: Pontejabón ofrécenos grandes ideas para o Nadal con Nanda Castro cargada de novidades. E a banda sonora final corre a cargo de DENOVA, a novena banda do reto musical de decembro.

Onda Cero Pontevedra

13/12/2016 14:22

Onda Cero Pontevedra

13/12/2016 14:22

Pontevedra en la Onda (13-12-2016)

Repasamos a actualidade local co portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira, no tempo do almorzo informativo dos martes desde A DEVESA. Damos voz durante todo este mes á REDEAXUDA coñecendo hoxe o traballo da Fundación Meniños. Como cada martes incorporamos novas recomendacións CRONOPIOS ás nosas bibliotecas particulares coa escritora Clara Usón como convidada. A banda sonora local de hoxe leva a sinatura de "The Soul Breakers".

Onda Cero Pontevedra

09/12/2016 15:59

Pontevedra en la Onda (09-12-2016)

A actualidade que nos deixa a semana e a audieta de Dina Mita son as protagonistas da primeira parte do programa cada venres. Con Javier Arnau enredámonos polo mundo para continuar buscando a predicción do tempo e organizar a AXENDA da fin de semana. Continuamos ademais co reto musical de decembro: a cantautora ARANTXA PÉREZ é hoxe a nosa convidada

Onda Cero Pontevedra

07/12/2016 14:23

Pontevedra en la Onda (07-12-2016)

En medio desta semana de ponte improvisamos un foro de economía para facer balance do ano na comarca de Pontevedra. Con diferentes axentes locais do mundo da empresa, comercio e concello analizamos estes últimos meses de suposta recuperación económica. E, como venimos facendo este mes, escoitamos outro dos grupos musicais do noso entorno por iniciativa de Onda Cero y Europa FM Pontevedra.