lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

31/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (31-01-2017)

Comezamos co habitual repaso da actualidade local e comarcal e coa predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No almorzo informativo de hoxe desde A DEVESA o protagonismo é para o Concello de Caldas de Reis co seu alcalde como convidado, Juan Manuel Rey. Como cada martes, enriquecemos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións CRONOPIOS.

Onda Cero Pontevedra

27/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (27-01-2017)

Como cada venres enredámonos con JAVIER ARNAU e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para a fin de semana. Ademais, damos conta dos plenos municipais de Pontevedra e Lalín celebrados hoxe, repasamos a actualidade dos últimos días e escoitamos á irreverente Dina Mita.

Onda Cero Pontevedra

26/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (26-01-2017)

Repasamos a actualidade e buscamos a predicción metereolóxica na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos con Roberto Rivas, guía do "Roteiro Castelao" en Pontevedra e estreamos sección buscando ideas innovadoras: comezamos coñecendo unha nova APP deseñada pola Asociación de Autismo BATA de Vilagarcía. Ademais, como cada xoves, falamos de seguridade viaria co colectivo Pedaladas.

Onda Cero Pontevedra

25/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (25-01-2017)

Comezamos o programa conversando co PP de Pontevedra tralo anuncio de levar aos xulgados os orzamentos municipais para 2017. Buscamos a predicción metereolóxica e abrimos tempo de entrevista para repasar a actualidade coa delegación provincial da Xunta. Na conexión semanal co CAMPUS universitario falamos da I Xornada sobre Bullying y Acoso Escola. E recibimos a visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso: a neurodidáctica é hoxe o tema.

Onda Cero Pontevedra

24/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (24-01-2017)

Martes de xunta de portavoces, avances no Plan Funcional para Montecelo e presentación dunha nova edición de Noites Abertas en Pontevedra, cuestións que repasamos no inicio do programa. No tempo do almorzo informativo desde A Devesa conversamos co alcalde de Lalín, Rafael Cuiña. E con Mercedes Corbillón desde Cronopios Libros seguimos ampliando as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións.

Onda Cero Pontevedra

23/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (23-01-2017)

A semana comeza coa entrega dos premios da Cultura Galega e o Museo de Pontevedra recollendo o seu na categoría de Patrimonio, unha cuestión da que falamos no tempo da entrevista co deputado de Cultura, Xosé Leal. Repasamos o resto da actualidade local e comarcal da xornada e, como cada luns, poñemos ritmo ao inicio da semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!".

Onda Cero Pontevedra

20/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (20-01-2017)

Repasamos a actualidade do día e da semana, escoitamos á irreverente Dina Mita e buscamos a predicción metereolóxica. Ademais, como cada venres, enredámonos con JAVIER ARNAU que hoxe nos atende desde FITUR e completamos o programa cunha completa AXENDA cultura e de ocio para os vindeiros días.

Onda Cero Pontevedra

17/01/2017 06:00

Onda Cero Pontevedra

17/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (17-01-2017)

Os martes no programa son sinónimo de almorzo informativo e de espazo Cronopios: o alcalde de Bueu, Félix Juncal, é hoxe o noso convidado nas cafeterías A DEVESA, e con Mercedes Corbillón seguimos ampliando as nosas bibliotecas particulares. Repasamos tamén a actualidade da xornada falando de turismo na véspera da inauguración de FITUR

Onda Cero Pontevedra

16/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (16-01-2017)

A actualidade do día fala de orzamentos e das novas alegacións presentadas polo PP ao procedemento levado a cabo polo BNG en Pontevedra. No tempo da entrevista convidamos ao portavoz da policía local, Manuel Omil, para falar dunha nova detención por violencia machista e da importancia da colaboración cidadá. Como cada luns poñemos ritmo ao inicio da semana cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

11/01/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (11-01-2017)

A actualidade da xornada de mércores e a predicción metereolóxica centra a primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recuperamos a nuestra coach de cabecera, Raquel Pedrouso, con una sesión que nos sirve para conocer el evento "Innovar" (http://www.innobar.net/)