lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

28/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (28-03-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e dando voz ao sindicato UFP que denuncia falta de persoal e medios no corpo nacional da Policía na provincia. No almorzo informativo de cada martes desde a Devesa conversamos coa pontevedresa Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo. As recomendacións lectoras volven ao programa con Mercedes Corbillón desde a Librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

27/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (27-03-2017)

Comeza o luns cos ecos dos actos políticos desta fin de semana: a presentación de Susana Diaz como candidata ás primarias do PSOE con ampla presenza pontevedresa, e a elección de Ana Pontón como portavoz do BNG, con nacionalistas de Pontevedra entrando na nova dirección. Temos cita con experto para preparar a campaña da renta 2016: Juan Carlos Múñoz, economista de "María Cobián y Asociados". Como cada luns abrimos espazos para o deporte e o motor, e poñemos ritmo musical en galego na recta final do programa.

Onda Cero Pontevedra

24/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (24-03-2017)

Como cada venres, dedicamos o programa a repasar a actualidade da semana e a marcar unha completa AXENDA cultural, de ocio e gastronómica para desfrutar da fin de semana. Ademais escoitamos á irreverente Dina Mita e recibimos a visita de Javier Arnau para unha nova edición semanal de "Enredados"

Onda Cero Pontevedra

15/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (15-03-2017)

A actualidade do día está marcada pola visita de Pedro Sánchez a Ponte Caldelas e a oferta de Cerdedo-Cotobade a Ence para acoller a pranta de biomasa, cuestións que centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista hoxe conversamos coa escritora María Oruña sobre "Un lugar a donde ir", a súa última novela que estivo presentando con nós e os seus lectores en Cronopios. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades da semana

Onda Cero Pontevedra

07/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (07-03-2017)

A actualidade do día está marcada pola decisión de Ence de retirar a pranta de biomasa de Pontevedra do seu plan estratéxico e coas reaccións políticas abrimos o programa. No almorzo informativo dos martes desde A Devesa conversamos hoxe coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. E ampliamos as nosas bibliotecas con novas recomendacións Cronopios que esta semana Mercedes Corbillón centra no 8 de marzo con ensaios feministas

Onda Cero Pontevedra

28/02/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (27-02-2017)

A actualidade do día marcada polas reunións entre Rueda e Lores, Silva e Feijoo centra a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista falamos coa avogada María Cobián sobre "pactos sucesorios". Como cada luns poñémonos ao día en materia deportiva con Rubén Rey, con espazo de motor incluído. E o ritmo que precisa este inicio da semana chega ao programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

24/02/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (24-02-2017)

Repasamos a actualidade do día e da semana na primeira parte do programa e escoitamos á irreverente DINA MITA. Enredámonos polo mundo, como cada venres, con Javier Arnau, e marcamos unha AXENDA de entroidopara a fin de semana. E pechamos o programa coa visita de dous expertos en dereito: Lucía Domínguez e e Javier Nogueira

Onda Cero Pontevedra

15/02/2017 06:00

Onda Cero Pontevedra

15/02/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (15-02-2017)

A inauguración de EDUGAL centra a nosa atención na primeira parte do programa para deixarnos levar polo humor de LUIS DAVILA na segunda parte: o humorista gráfico presentounos o sexto libro de "O BICHERO" en Cronopios e hoxe compartimos con vos ese encontro. Ademais, como cada mércores, conectámonos co CAMPUS universitario de Pontevedra e falamos hoxe de alimentación saudable.

Onda Cero Pontevedra

09/02/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (09-02-2017)

A actualidade lévanos de novo ata Lalín no inicio do programa para falar coa Plataforma Salvemos Catasós. Buscamos a predicción do tempo e convidamos á comunidade educativa do Colexio Sek Atlántico a unha tertulia sobre educación. Como cada xoves, a seguridade viaria e a convivencia entre peóns, ciclistas e vehículos centra a visita do colectivo Pedaladas

Onda Cero Pontevedra

08/02/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (08-02-2017)

Repasamos a actualidade coa mirada posta en Lalín trala recente sentenza xudicial que protexe as Fragas de Catasós da liña de alta tensión proxectada por Fenosa. No tempo da entrevista conversamos co delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís. Como cada mércores, conectámonos co CAMPUS para coñecer as novidades. E temos sesión coa nosa coach Raquel Pedrouso.