lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

12/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (12-05-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e da última semana antes de abrir unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau. Como cada venres, escoitamos á irreverente DINA MITA e marcamos unha AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana. Ademais, hoxe visítanos o avogado Jesús Garriga para consultar con el as dúbidas en materia de dereito bancario

Onda Cero Pontevedra

11/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (11-05-2017)

A política turística da Deputación e da Xunta en Pontevedra centran a nosa atención na primeira parte do programa repasando a actualidade do día. O sector da viticultura ten o seu espazo todos os xoves da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. No tempo da entrevista visitamos o Mercado de Abastos do Grove para sumarnos ao programa "Degusta Europa" e abrir o apetito coas receitas inspiradas na gastronomía do Camiño elaboradas polo Centro Carlos Oroza. Rematamos o programa subíndonos á bici cos amigos de PEDALADAS

Onda Cero Pontevedra

09/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (09-05-2017)

A sentenza polo peche do CIM de Ponte Caldelas centra a nosa atención no inicio do programa conversando coa secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. Hoxe almorzamos na Devesa coas concelleiras de Cultura e Benestar Social de Pontevedra, Carme Fouces e Anxos Riveiro. E, como cada martes, as recomendacións CRONOPIOS de Mercedes Corbillón amplían as nosas bibliotecas particulares

Onda Cero Pontevedra

08/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (08-05-2017)

A actualidade da xornada e a predicción metereolóxica centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos con Jaime Blanco, presidente da Asociación Galega de Paddelball, recén chegado de participar en Michigan nun campionato mundial. A actualidade deportiva chega da man de Rubén Rey e con Abel MIllán abrimos espazo dedicado ao mundo do motor. Como cada luns poñemos ritmo ao inicio de semana con "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

05/05/2017 14:32

Pontevedra en la Onda (05-05-2017)

A recollida de avales reforza os socialistas de Pontevedra que, en su maioria, apoiaron a candidatura de Pedro Sánchez como secretario do PSOE. Está situación abre un novo esceario político que analizamos co portavoz municipal Agustín Fernández. Noutro campo, o da Igualdade, analizamos coa concelleira Carmen Fouces a situación da integración da transexualidade nas aulas. Tampouco, esquencemos que o Mercado de Abastos se convierte en esceario da segunda edición de ‘Degusta Europa’. Comentamos esta iniciativa coa presidenta da Deputación e profesores do instituto Carlos Oroza. Nos últimos minutos repasamos axenda cultural. Boa fin de semana!

Onda Cero Pontevedra

21/04/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (21-04-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e da última semana antes de abrir unha nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau. Como cada venres, escoitamos á irreverente DINA MITA e marcamos unha AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana. Hoxe recomendamos as actividades previstas para este sábado no programa "A pé de rúa" de Pontevedra Capital Shopping. E, na conta atrás para o Galegote Rock, recibimos a visita do dúo VOODOO.

Onda Cero Pontevedra

07/04/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (07-04-2017)

Repasamos a actualidade do día e da semana e buscamos a predicción metereolóxica antes de marcar unha completa AXENDA cultural e de ocio para a fin de semana. ENREDÁMONOS hoxe coa organización da SÉTIMA FEIRA na Praza de Abastos de Pontevedra. Ademais, como cada venres escoitamos á irreverente DINA MITA

Onda Cero Pontevedra

05/04/2017 06:00

Onda Cero Pontevedra

05/04/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (05-04-2017)

A sentenza do primeiro xuízo contra o "Don Juan de Marín" e as valoracións dos Orzamentos Xerais do Estado para Pontevedra centran a primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Como cada mércores, conectámonos co CAMPUS para coñecer as novidades da semana. E temos sesión coach con Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

30/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (30-03-2017)

Repasamos a actualidade da xornada centrados na investigación aberta en Ponte Caldelas por un suposto caso de maltrato animal. No tempo da entrevista conversamos coa escritora, Carmen G. de la Cueva, que visitou Pontevedra, convidada por Cronopios, para presentar o seu primeiro libro, "Mamá, quiero ser feminista". Como cada xoves, fusionamos micros e bicis cos amigos de PEDALADAS e damos protagonismo ao sector vitivinícola co espazo do Consello Regulador da D.O. Rias Baixas.

Onda Cero Pontevedra

29/03/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (29-03-2017)

Hoxe levamos a radio ata o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Escoita aquí o programa completo polo que pasaron moitos dos protagonistas que fan posible este evento cultural.