lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

12/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (12-09-2017)

Comezamos a semana sumándonos á campaña "Propón unha muller" de Polo Correo do Vento e o Concello de Pontevedra: Carlos Taboada, Quique Mauricio e Alberto Oubiña son os convidados deste luns. A actualidade deportiva chega da man de Rubén Rey e o motor con Abel Millán. Poñemos ritmo ao primeiro día da semana nunha nova edición de "Cántamo... en galego!". Seguimos co reto de xuño: 20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles descubrindo hoxe Silleda.

Onda Cero Pontevedra

08/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (08-06-2017)

A actualidade do día céntrase en Elnosa e nun novo proxecto municipal para reformar o Gorgullón con fondos DUSI, cuestións que repasamos na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos con ANTONIO RESINES, o actor estivo con nós en Cronopios presentando o seu libro de memorias. Como cada xoves, collemos as bicis con PEDALADAS e descubrimos CUNTIS no reto de xuño: 20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles.

Onda Cero Pontevedra

07/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (07-06-2017)

Comezamos o programa en liña directa con Málaga: o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participa na oitava edición do foro "Greencities". No tempo da entrevista conversamos cunha das contadoras de historias do Festival "Sete Falares", Beatriz Campos. Hoxe temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, e rematamos o programa en Moraña, novo destino que descubrimos no reto deste mes de xuño: 20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles.

Onda Cero Pontevedra

05/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (05-06-2017)

Analizamos a actualidade do día coa mirada no referendum celebrado en Silleda. Como cada luns, o deporte chega da man de Rubén Rey e o motor con Abel Millán. Despedímonos cunha nova edición de "Cántamo... en galego!" e inaugurando un novo reto: 20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles na provincia! Os xardíns do Castelo de Soutomaior e o seu hotel pousada son o descubrimento de hoxe.

Onda Cero Pontevedra

01/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (01-06-2017)

En Sanxenxo, Pontevedra e Silleda facemos paradas informativas para coñecer a actualidade deste primeiro día de xuño. A viticultura ten o seu espazo semanal, grazas ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, para coñecer da man de expertos todos o traballo do sector. No tempo da entrevista conversamos sobre emprendemento e internacionalización coa presidenta do Consorcio Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa. E na recta final do programa collemos as bicis cos amigos de PEDALADAS.

Onda Cero Pontevedra

24/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (24-05-2017)

A actualidade do día e a información metereolóxica centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co actor Gabino Diego, que este sábado chega ao Pazo da Cultura de Pontevedra coa obra "El intercambio". Conectámonos co CAMPUS para coñecer o "Programa para maiores de 55 anos" que coordina en Pontevedra Ana Acuña. E na sesión coaching con Raquel Pedrouso falamos da felicidade no traballo.

Onda Cero Pontevedra

23/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (23-05-2017)

A actualidade do día lévanos ata o Parlamento de Galicia onde se debate a primeira ILP desta lexislatura co respaldo de 11.000 sinaturas recollidas pola plataforma "SOS Sanidade Pública de Pontevedra". Na Devesa almorzamos hoxe co alcalde de Rodeiro e coordinador comarcal do PP no Deza, Luis López. Ampliamos as nosas bibliotecas particulares, como cada martes, coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón.

Dina Mita

19/05/2017 06:00

Dina Mita

19/05/2017 06:00

Audieta (19-05-2017)

Escoita aquí a AUDIETA desta semana

Onda Cero Pontevedra

18/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (18-05-2017)

Comezamos o programa conversando con PROSAGAL (Agrupación Sindical de Profesionais da Saúde de Galicia) sobre a "I Marcha contra o peche de camas" que organizan hoxe ás 20 h en Pontevedra. Seguimos celebrando "Maio, mes da lingua" coa radio na rúa: percorremos o "Roteiro Castelao" guiados polo historiador Roberto Rivas. E, como cada xoves, collemos as bicis para aprender educación vial e analizar a actualidade ciclista con PEDALADAS

Onda Cero Pontevedra

16/05/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (16-05-2017)

A actualidade do día centra a nosa atención no inicio do programa antes de trasladarnos á Devesa para o almorzo informativo dos martes: o presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, José Benito Suárez, é o convidado desta semana. As recomendacións CRONOPIOS chegan ao programa da man de Adriana Otero rendindo homenaxe a Carlos Casares nesta véspera do Día das Letras Galegas.