lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

18/08/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (18-08-2017)

Unha triste xornada marcada polos atentados terroristas de Barcelona e Cambrils. Prestamos atención a todos os acontecementos e acudimos o minuto de silencio da corporación muncipal de Pontevedra. Fora da actualidade facemos una repaso polas praias e profundizamos, un pouco máis, sobre a potencialidade do parque de petroglifos de Campolameiro. E, como cada venres, pechamos dando unha amplia ollada a axenda de eventos, concertos, actos e celebracións en diferentes puntos da franxa norte da provincia.

Onda Cero Pontevedra

16/08/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (16-08-2017)

Recuperamos a normalidade da semana coa nova da desconvocatoria da folga de lixo no concello de Poio. Namentras, os traballadores de Elnosa siguen na sua loita para defender a continuidade da fábrica e os seus empregos. Por tal motivo, solicitarán unha xuntanza a dirección da empresa en Septiembre para analizar o seu futuro. Tamén, estivemos na Festa da Auga de Vilagarcia. E no último apartado do programa conversamos do director de Teatro Arume sobre as seus novos montaxes.

Onda Cero Pontevedra

10/08/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (10-08-2017)

A piques de chegar ao fin de semana central das festas da Peregrina analizamos a proposta do PP de plantexar o deseño dun cartel alternativo. Consideran que a tradición non está ben representada. Tamén, visitamos o concello de Vilanova de Arousa para coñecer o Rock in Vila e tivemos tempo para pasear pola cidade de Pontevedra coa concelleira Anabel Gulias. Nos últimos minutos, coñecemos o proxecto Rodas Galicia, principal patrocionador do Torneo de Golf de Onda Cero, e facemos un amplio repaso pola axenda de ocio e cultura para este venres, sábado e domingo.

Onda Cero Pontevedra

04/08/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (04-08-2017)

Chegamos o fin de semana cunha concentración contra as touradas en Pontevedra. A plataforma denuncia a existencia de espectáculos crueles e non respetuoso cos dereitos dos animais no coso de San Roque, neste mes de agosto. Unha semana más facemos unha incursión no adestramento e preparación do Reto 21K. Reflexionamos sobre esto e tamén escoitamos a voz dos bombeiros sobre a petición da Deputación dun novo mapa de emerxencias. Analizamos os datos turísticos do mes de xullo con representantes do sector e a situación que viven concellos do rural coa invasión de especies foráneas como a Avispa Asiática. Pechamos cun amplo repaso, na nosa axenda, os eventos e celebracións do sábado e domingo.

Onda Cero Pontevedra

21/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (21-07-2017)

Pechamos a semana prestando atención o acordó alcanzado entre Deputación e Xunta para asinar un novo convenio para a atención de menores na cidade infantil Príncipe Felipe de Pontevedra. No novo documento quedarían fora os casos de nenos e nenas con conductas conflictivas, principal escollo do anterior convenio. A maiores, escoitamos a varios expertos na fase de preparación da 21K Costa da Vela. Paseamos polas praias, coñecemos como está a implantación de vehículos ecolóxicos e repasamos unha extensa axenda de actividades para o fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

20/07/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (20-07-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día, buscando a predicción do tempo e escoitando as opinións da rúa, como cada día deste verán. No tempo da entrevista conversamos co concelleiro de Persoal e Réxime Interior de Pontevedra, Vicente García Legísima. E, un xoves máis, as bicis e a seguridade viaria son as protagonistas cos amigos de Pedaladas

Onda Cero Pontevedra

16/06/2017 06:00

Onda Cero Pontevedra

16/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (16-06-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e da última semana e escoitando á irreverente Dina Mita. Como cada venres recibimos a Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS e marcamos unha AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana. Incorporamos unha nova muller á campaña #PropónUnhaMuller para as Letras Galegas: Xela Arias é a proposta de Anxos Sobriño. E hoxe descubrimos Carril no reto turístico deste mes de xuño

Onda Cero Pontevedra

14/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (14-06-2017)

Mércores con almorzo informativo na Devesa para seguir analizando os dous primeiros anos de mandato municipal: o portavoz socialista en Pontevedra, Agustín Fernández, é hoxe o noso convidado. Ademais, repasamos a actualidade co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís e propoñemos unha muller para as Letras 2018 acompañados por Ramón Rozas. Rematamos o programa en BUEU, o destino deste mércores no reto de xuño "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles".

Onda Cero Pontevedra

13/06/2017 06:00

Pontevedra en la Onda (13-06-2017)

Hoxe cúmprense dous anos de mandato municipal e facemos balance co alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, durante un PASEO pola cidade. Como cada martes, incorporamos novos libros ás nosas bibliotecas particulares coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón. E rematamos o programa en Catoira, un novo destino dentro do reto de xuño: "20 días, 20 destinos, 20 imprescindibles".