Con 10 productores e 4 restaurantes facendo cociña ao vivo
15/04/2026 23:56
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, pon en valor a presencia de productores coruñeses no Salón Gourmets 2026
Xosé Regueira valora de xeito moi positivo a oportunidade que lle da ós productores que da man da Deputación da Coruña e co lema "A paisaxe que sabe" a presenza no salón Gourmets. Concretamente, da man da Deputación están amosando e tendo contactos directos cos profesionais A Conserveira, Enoturismo María Manuela, Cafés Aruba, Gallegas de Nata, Bodegas Lodeiros, Chichalovers, La Despensa d´Lujo, Empanadas Ternura, Lenatt Food e Casa da Avoa. Ademáis de Noelia Rodríguez, Adrián Felipez, Juan Crujeiras e Iria Espinosa, dende os restaurantes Casa Peto, Miga, Bido e Árbore da Veiga, respectivamente, cociñando ao vivo todo productos da nosa provincia, acompañados dos relatorios e catas de viños por parte de Luís Padín.









