ONDA CERO GALICIA

Gente Viajera de Galicia 19/02/2021

Cada tarde de venres saímos de viaxe en Onda Cero Galicia. Convidamos a galegas e galegos viaxeiros e percorremos vilas e cidades porque sempre hai algo novo por descubrir. Súmate á Galicia viaxeira con Susana Pedreira.

Nuria Gestal Pérez

GALICIA | 22.02.2021 11:19 (Publicado 19.02.2021 19:08)

Comezamos a viaxe desta tarde repasando a actualidade e cunha primeira parada na provincia de Ourense para falar do "non entroido" deste ano. Visítanos o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e temos unha cita coa nosa consultora turística de cabeceira, Lidia de la Fuente. O destino final desta tarde é o Festival Rosalía que organiza a área de Cultura da Deputación da Coruña, unha edición virtual que comentamos co deputado Xurxo Couto.

Lo más de Gente Viajera de Galicia