Cronopios

Entre micros e libros

17/06/2019 06:00

Arantza Portabales: "Coa dor da perda podemos vivir pero co peso da culpa é moi difícil"

Volvemos fusionar os micros de Onda Cero cos libros de Cronopios e o resultado é un novo encontro lector no que acabamos falando da vida porque dela están cheas as historias que escriben os nosos convidados. A de Arantza Portabales comeza cunha morte, a de Xiana Alén, pero a vida é a gran protagonista xunto con todos os sentimentos que nos fan estar vivos: o amor, o odio, a obsesión, o medo. Nesta novela, en "Beleza vermella", hai alguén que movido polos sentimentos toma a decisión de matar, ese alguén pode ser unha das seis persoas que na noite de San Xoán están na casa na que aparece o cadáver da moza de 15 anos sobre un enorme charco de sangue. A posta en escea é moi artística porque hai quen ve beleza en lugares raros como pode ser no sangue que emana dun corpo morto, sangue tan vermello como unha cunca de cereixas. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Onda Cero Pontevedra

11/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (11-06-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade e conversando co portavoz do PSdG en Pontevedra, Tino Fernández. nesta xornada de martes na que tivo lugar a primeira reunión formal co BNG para chegar a un pacto de goberno. Buscamos a previsión metereolóxica e falamos con Alberto Garnil desde a organización de "Fluor", o primeiro Congreso Atlántico de Marketing Dixital que este xoves comeza en Pontevedra. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios e completamos o programa coa historia do centenario carballo de Santa Margarida que os comuneiros de Mourente queren salvar.

Entre micros y libros

07/06/2019 06:00

Jabois: "Hay mucho gallo de corral que fuera de su contexto es un mierda"

"Malaherba" es la nueva novela de Manuel Jabois, una novela única que solo él podría escribir con su estilo inconfundible. Es capaz de hacernos reír, a pesar de lo que nos cuenta, y capaz de hacernos llorar, sobre todo por lo que no nos cuenta pero que intuimos. Y al lector le pasa como a Tambu y Elvis - los niños protagonistas de la novela - en los últimos días de la niñez: le pueden prohibir saber pero no le pueden prohibir intuir y ahí es donde se hace grande la novela. En este podcast puedes volver a escuchar la entrevista con Susana Pedreira desde la Librería Cronopios de Pontevedra

Entre micros e libros

28/05/2019 06:00

Ledicia Costas: "Quería escribir unha historia sobre a infancia desde o punto de vista adulto porque é a nosa patria"

Convidamos a Cronopios a unha das mellores e máis queridas escritoras galegas actuais, a viguesa Ledicia Costas coa súa nova novela "Infamia". Un libro duro porque recolle moitas das violencias reais que se dan na sociedade e que son imposibles de dixerir: hai vintecinco anos nun lugar chamado Merlo desapareceron as irmás Giraud con só 14 e 6 anos, iso cambiou a vida de moita xente para sempre e a néboa instalouse no ambiente. Alí chega Emma Cruz, unha avogada e profesora de dereito penal que tamén arrastra un trauma desde hai exactamente o mesmo tempo. Confesounos Ledicia que este libro remata onde comeza a historia que ela realmente quería escribir, polo que estamos ante unha precuela que traerá nova novela nos vindeiros meses. Escoita neste podcast a entrevista con Susana Pedreira libre de spoilers.

Entre micros e libros

27/05/2019 06:00

Ledicia Costas: "Quería escribir unha historia sobre a infancia desde o punto de vista adulto porque é a nosa patria"

Convidamos a Cronopios a unha das mellores e máis queridas escritoras galegas actuais, a viguesa Ledicia Costas coa súa nova novela "Infamia". Un libro duro porque recolle moitas das violencias reais que se dan na sociedade e que son imposibles de dixerir: hai vintecinco anos nun lugar chamado Merlo desapareceron as irmás Giraud con só 14 e 6 anos, iso cambiou a vida de moita xente para sempre e a néboa instalouse no ambiente. Alí chega Emma Cruz, unha avogada e profesora de dereito penal que tamén arrastra un trauma desde hai exactamente o mesmo tempo. Confesounos Ledicia que este libro remata onde comeza a historia que ela realmente quería escribir, polo que estamos ante unha precuela que traerá nova novela nos vindeiros meses. Escoita neste podcast a entrevista con Susana Pedreia libre de spoilers.

Entre micros y libros

20/05/2019 06:00

"Me obsesionaba esta historia con el azar como protagonista"

El escritor Manuel de Lorenzo acaba de publicar una primera novela que nos traslada de Madrid a Galicia, un viaje lleno de reflexiones acerca de la pérdida, del azar y del miedo. El autor ha estado con Susana Pedreira en la librería Cronopios y en Onda Cero Pontevedra. Aquí puedes volver a escuchar la entrevista

Mercedes Corbillón en "Pontevedra en la Onda"

30/04/2019 06:00

Mercedes Corbillón en "Pontevedra en la Onda"

30/04/2019 06:00

Las relaciones de pareja en las novelas de Pron, Hegazi y Smiley

Cada martes ampliamos nuestras bibliotecas particulares con nuevas lecturas. Escucha aquí las recomendaciones de esta semana con Mercedes Corbillón, nuestra librera de cabecera desde Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

16/04/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (16-04-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e visitando A Estrada para sumarnos ás "Santas Tapas" da Asociación de Comerciantes cumprindo co noso reto de abril: "20 días, 20 destinos de primavera". Abrimos tempo de Tertulia Litoral con Rafa Cabeleira, Rodrigo Cota e Gerardo Lorenzo. Ademais, como cada martes, ampliamos a nosa biblioteca con novas recomendacións Cronopios

Entre micros e libros

10/04/2019 14:14

Domingo Villar: "A novela está chea de amor entre pais e fillos porque moitas das miñas bágoas ao falecer meu pai emborrallaron as páxinas"

Recibimos na Librería Cronopios ao escritor galego Domingo Villar, unha das visitas máis desexadas porque os seus lectores levaban dez anos agardando por un novo caso para o inspector Leo Caldas. Con el abrimos unha investigación, así que a entrevista está chea de dúbidas e de sospeitas, e pouco podemos contar da trama da novela "O último barco". Aínda así, falamos de moitas cousas co autor porque a trama dunha novela negra non é máis que unha excusa para falar da vida cotiá, da sociedade que se ve alterada por un suceso e das relación humanas entre os personaxes. Domingo Villar construíu unha novela a lume lento, como un bo luthier, facendo unha homenaxe aos que ensinan, aos que fan as cousas a modo e aos que aman ao mar. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira