Entrevista a Pedro Feijóo - Librería Cronopios
06/11/2015 15:09
O escritor presentou con nós en Cronopios a súa última novela: "Morena, perigosa e románica"
Escoita aquí a entrevista con Pedro Feijoo
Entrevista a Pedro Feijóo - Librería Cronopios
06/11/2015 15:09
Escoita aquí a entrevista con Pedro Feijoo
Onda Cero Pontevedra
06/11/2015 15:00
Como cada venres repasamos a actualidade da xornada e facemos un balance dos temas que nos deixa a semana antes de despedila. Compatimos con vostedes a entrevista co escritor Pedro Feijoo que estivo con nós en Cronopios presentando a súa última novela, "Morena, Perigosa e Románica". Ademais marcamos unha completa AXENDA cultural, de ocio e festiva para disfrutar da fin de semana que temos por diante. Feliz venres!!
Onda Cero Pontevedra
27/10/2015 14:23
Repasamos a actualidade da xornada coas novidades en torno ao último caso de violencia machista en Pontevedra e o balance de 100 días de novo goberno na Deputación provincial. Como cada martes escoitamos á irreverente Dina Mita e no temos novo almorzo informativo: hoxe convidamos á deputado do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. E unha semana máis ampliamos as nosas biblilotecas particulares coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón
Onda Cero Pontevedra
14/10/2015 14:29
Repasamos a actualidade local e comarcal e centrámonos no Ciclo Cero Violencia Viaria que hoxe comeza no Campus Universitario de Pontevedra. No tempo da entrevista compartimos con vos o encontro mantido co escritor pontevedrés Manel Loureiro na librería Cronopios. No espazo dedicado a falar de cooperación e solidariedade damos voz á Liga Reumatolóxica GalegaRepasamos a actualidade local e comarcal e centrámonos no Ciclo Cero Violencia Viaria que hoxe comeza no Campus Universitario de Pontevedra. No tempo da entrevista compartimos con vos o encontro mantido co escritor pontevedrés Manel Loureiro na librería Cronopios. No espazo dedicado a falar de cooperación e solidariedade damos voz á Liga Reumatolóxica Galega
Onda Cero Pontevedra
06/10/2015 14:35
Comezamos o programa condenando o último caso de violencia machista na provincia e recollendo as palabras da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tras gardar un minuto de silenzo. Celebramos a concesión dun novo premio internacional ao modelo de cidade pontevedrés: o 26 de novembro o alcalde viaxará a Hong Kong a recollelo. No tempo do almorzo informativo conversamos co deputado socialista no Congreso, Guillermo Meijón. Ademais, como cada martes, damos voz á irreverente Dina Mita e recibimos a visita da Librería Cronopios con novas recomendacións literarias
Onda Cero Pontevedra
02/10/2015 15:30
No programa deste xoves damos voz aos afectados da "Lona da vergonza de Bueu" e compartimos con vostedes o encontro que mantivemos coa escritora María Oruña en Cronopios. Temos nova edición de "Ponte Calidade" na que hoxe convidamos á concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, para coñecer o proxecto "Pontevedra ten un puntazo"
Onda Cero Pontevedra
29/09/2015 14:12
A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir
Onda Cero Pontevedra
22/09/2015 14:24
Onda Cero Pontevedra
22/09/2015 14:24
As novidades na Operación Patos e o pleno da corporación municipal centran a nosa atención no incio do programa. Escoitamos ao presidente do comité de empresa de Ence, Pedro Soto, ás portas do Teatro Principal e, no tempo do almorzo informativo conversamos co portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira. Seguimos ampliando as nosas bibliotecas con novas recomendacións Cronopios
Onda Cero Pontevedra
12/08/2015 10:27
O conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Concello de Pontevedra para asinar o convenio de colaboración do novo edificio xudicial, unha cuestión que centra a nosa atención no inicio de programa. A Rúa Responde sobre a emigración da mocidade galega e a irreverente Dina Mita danos a súa opinión sobre a celebración de Peñas. As terrazas de verán teñen hoxe como convidada á nova alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. Percorremos as praias buscando a predicción do tempo e completamos a nosa bolsa de praia cos bos libros que nos recomenda Mercedes Corbillón desde a Librería Cronopios
Onda Cero Pontevedra
04/08/2015 14:32
A nova presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, é a nosa convidada no tempo das terrazas de verán e con ela conversamos sobre as prioridades do seu novo goberno. A Rúa Responde sobre as infraestruturas que precisa Pontevedra e, como cada martes, tamén se fai escoitar a irreverente Dina Mita na súa audieta semanal. Percorremos as nosas praias buscando a predicción metereolóxica e seguimos ampliando as nosas bibliotecas de verán con novas recomendacións Cronopios.