Banda

Onda Cero Pontevedra

23/12/2016 14:55

Pontevedra en la Onda (23-12-2016)

A actualidade do día está marcada polo pleno de orzamentos que seguimos en directo no programa. Como cada venres enredámonos con JAVIER ARNAU e marcamos AXENDA para desfrutar da fin de semana. O reto musical do mes seguimos a cumprilo hoxe coa visita de THE TRUNKS

Onda Cero Pontevedra

01/12/2016 14:02

Pontevedra en la Onda (01-12-2016)

A actualidade local e a predicción do tempo centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos con Lucía Saborido, directora de SARAIVA, sobre arquitectura saudable e vivendas para toda a vida, acompañados polo arquitecto e profesor da Universidade de Sevilla, Santiago Quesada. Como cada xoves buscamos calidade coñecendo novos proxectos pontevedreses: EDIGAL é a empresa de Iago Martínez que hoxe se presenta na Casa da Luz dentro da iniciativa PONTEVEDRA TEN UN PUNTAZO. Estreamos o noso reto musical para decembro: a primeira banda que nos visita é LA CALLE DEL RUÍDO

Onda Cero Pontevedra

23/03/2016 14:20

Pontevedra en la Onda 23-03-2016

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada pre-Semana Santa: cambios en Barcelos, minutos de silenzo polos atentados de Bruxelas e información do tempo para os vindeiros días festivos. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para falar da "gamificación" como ferramenta para mellorar as nosas habilidades sociais. E poñemos banda sonora á recta final do programa coa visita do grupo pontevedrés THE SOUL BREAKERS

Onda Cero Pontevedra

22/03/2016 14:25

Pontevedra en la Onda 22-03-2016

Durante todo o programa estamos pendentes da actualidade que chega de Bruxelas, en conexión permanente cos servizos informativos. Repasamos a actualidade da xornada en clave local e almorzamos co alcalde de Bueu, Félix Juncal. Como cada martes ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións CRONOPIOS. E pechamos o programa con música pontevedresa porque nos visita o grupo ONION SMILE.

Onda Cero Pontevedra

11/11/2015 14:31

Onda Cero Pontevedra

11/11/2015 14:31

Pontevedra en la Onda (11-11-2015)

A actualidade local e comarcal centra a nosa atención no inicio do programa coas listas electorais do PP, a visita do embaixador de Venezuela e a nova documentación requirida por axentes de Aduana ao Concello no marco da Operación Pokemon. No tempo da entrevista conversamos coa banda pontevedres Furious Monkey House a dous días de publicar o seu primeiro disco. Como cada mércores conectámonos co Campus Universitario para coñecer as novidades da semana. E damos voz á asociación ANEDIA para adiantarnos á celebración este sábado 14 do Día Mundial da Diabete