Concello de Lalín

O centro comercial Pontiñas celebra o día da nai con sorteos e agasallos das diferentes tendas da rede comercial

A nova campaña, baixo o lema 'O mellor para mamá está en Pontiñas', sorteará tres cestas regalo de productos do centro comercial Pontiñas.

Redacción

Pontevedra |

Campaña do centro comercial Pontiñas Lalín 2026
Campaña do centro comercial Pontiñas Lalín 2026 | Onda Cero Pontevedra

O Centro Comercial Pontiñas pon en marcha unha nova campaña con motivo do Día da Nai, unha das datas máis especiais do calendario comercial, coa que quere premiar a fidelidade dos seus clientes e dinamizar as compras no centro.

Baixo o lema “O mellor para mamá está en Pontiñas”, o centro comercial sorteará 3 cestas regalo compostas por produtos das diferentes tendas de Pontiñas, ofrecendo así unha proposta atractiva e chea de sorpresas para celebrar esta data tan sinalada.

Para participar, os clientes deberán cubrir os seus tickets de compra superiores a 10 euros, realizados nas tendas do centro, e depositalos na urna para entrar no sorteo. A campaña desenvolverase do 21 ao 29 de abril, o día 30 será o sorteo onde se coñeceran os 3 gañadores.

Con esta iniciativa, o Centro Comercial Pontiñas continúa apostando por accións que impulsan o comercio local e reforzan o seu papel como punto de encontro para os veciños de Lalín e da súa contorna, ofrecendo campañas especiais ligadas ás datas máis relevantes do ano.

Pontiñas, el Centro Comercial del corazón de Galicia

Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis se encuentra en el corazón de Galicia, en Lalín. Cuenta con una galería comercial, zona de restauración y las instalaciones más modernas. Con aparcamiento gratuito, red wifi y todo el centro climatizado, ofrece todo lo que un espacio comercial puede brindar en Galicia.