Municipal

Socialistas piden ó Concello de Ourense reserva de solo público para vivenda cooperativa

Unha medida semellante é aplicada en Vigo oi A Coruña

Paco Sarria

Ourense |

Socialistas piden ó Concello de Ourense reserva de solo público para vivenda cooperativa
Socialistas piden ó Concello de Ourense reserva de solo público para vivenda cooperativa | paco sarria

O grupo municipal socialista no concello de Ourense proporá ó goberno local de Democracia Ourensana que reserve solo público para a dinamización de proxectos de vivenda colaborativa e cooperativa.

Os representantes das Xuventudes Socialistas abogan polos prezos públicos e sen especulación e consideran que ó través da cesión de uso garantirían que as persoas teñan un fogar a longo prazo, e estable para vivir como xa plantexaron noutras cidades como A Coruña ou Vigo.

Así o reflectiron o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, Miguel Gómez e o secretario de vivenda da comisión executiva provincial socialista, Daniel Barredo.