Os socialistas esixirán no Parlamento de Galicia unha solución para a escola infantil A Casiña e que o PP aposte por aumentar as prazas en Ourense adicadas a ensino infantil.
As familias afectadas están expresando preocupación despois de que Cáritas anunciara o peche da mesma e a resposta ofrecida pola Consellería de Política Social resulta insuficinte xa que soamente contempla reubicar noutros centros a nenos e nenas que actualmente están escolarizados en A Casiña, pero non aqueles que o vindeiro ano entrarían coas novas matrículas.
Para os socialistas este peche “constitúe toda unha declaración de intencións da política educativa do PP logo de coñecerse a finais do ano pasado que o executivo de Rueda decidíu devolver máis de 22 millóns de euros de fondos europeus destinados á creación de 3200 prazas públicas de educación infantil de 0 a 3 anos”, explicou a voceira municipal Natalia González.

