Un novo derrube dun falso teito (e van tres) tivo lugar no Hospital Materno Infantil de Ourense.
Os destrozos coñecéronse cando alguén entrou a un despacho pertencente ó servizo de Obstetricia situado na segunda pranta do edificio.
Dende o Sergas explican que todo ocorríu nunha zona sen actividade asistencial, anque para mañá había ecografías programadas no cuarto contiguo, que foron desprazadas a outras dependencias.
Con todo agardan ter vaciado o materno e desprazalo ó edificio do Cristal antes de que remate o mes, onde o Sergas lembrou hoxe que a reforma da Unidade de Partos achegarán seguridade, intimidade e comodidade ás pacientes dende finais deste mes, segundo as previsións.
Librar a zona de toda actividade asistencial foi acordado hai catro meses despois de que se desplomara un falso teito en varios puntos do inmoble.

