A executiva provincial do psoe decidiu por acordo maoritario destituir do seu cargo ao voceiro socialista na deputación, Francisco Fraga por declaración realizadas en apoio ao ex secretario Pachi Vázquez que cando anunciou a sua marcha do partido acusou á direccion socialista de facer vetos e purgas obsesivas. Según explicou esta mañá o secretario provincial, Rafa Villarino pedíronlle a Fraga que se retractase dunhas "inaceptables e inapropiadasQ" e coma non o fixo tomouse con él unha medida "non disciplinaria, senón orgánica por perda de confianza". O secretario do psoe na provincia sinalou que tamén se estuda a apertura dun expedente disciplinario por declaracións similares ao alcalde de Castrelo do Val e deputado provincial Vicente Gómez. Villarino ten claro que o psoe busca persoas comprometidas e non que estén incómodas. En rolda de prensa Villarino negou que haxa purgas no partido e asegurou que internamente ninguén lle ten manifestado discrepancias polo que ve nas criticas de Pachi Vázquez trala sua baixa no partido coma unha "estratexia allea"
Os socialistas din que o seu obxectivo inmediato é traballar para lograr os mellores resultados nas vindeiras eleccións municipais e un cambio social na provincia que pasa por arrebatar ao pp o poder institucional décadas de mandatos. Neste contexto anunciou que o 14 de xaneiro arrancarán os procesos para tentar ter candidaturas nos 92 municipios da provincia coas espectativas de acadar gobernos en localidades coma Xinzo e Maceda. Precisamente neste último concello está sorprendido do interés amosado polo recén chegado ex alcalde de Maceda, Xabier Oviedo (procedente de Compromiso por Galicia) a quen lle concederán as mesmas posibilidades que a calquera se quere optar a ser canditado.