VIVE A TÚA PROPIA HISTORIA

Punxín acolle a I Festa do Xabarín e da Caza

Terá lugar os días 7 e 8 de marzo no Concello de Punxín.

Achegámonos ademáis a Carnicería de Pueblo para falar co seu xerente, Lois López.

Onda Cero Ourense

Ourense | 06.03.2020 14:35 (Publicado 06.03.2020 12:09)

Festa do Xabarín e da Caza en Punxín
Festa do Xabarín e da Caza en Punxín | Onda Cero Ourense

O Concello de Punxín prepárase para acoller a 1ª Festa do xabarín e da caza cun completo programa de actividades que inclúe charlas, concursos, música, así como stands dedicados a este sector e a diferentes produtos da zona.

A Deputación de Ourense colabora con esta iniciativa que “da a coñecer o territorio e as súas potencialidades, dinamizando o rural e a economía local da zona”, sinalou o vicepresidente da institución provincial, Rosendo Fernández, durante a presentación da festa. Neste mesmo sentido, o alcalde de Punxín, quen agradeceu o apoio da Deputación de Ourense, animou a todos a gozar desta celebración. Así mesmo, Eulogio González dixo que esta festa é “unha forma moi boa de situar a Punxín no mapa” e adiantou que desde o concello poñerán un stand tamén para promocionar o municipio.

A Festa, que se celebrará os días 7 e 8 de marzo, ten como obxectivo principal dinamizar a zona e dar a coñecer o potencial do sector da caza, ademais dos produtos locais e a súa contorna, explicou María Dolores Da Silva. Ademais da degustación e das actividades complementarias, Manuel Martínez lembrou que “a base de calquera actividade son a formación e a información” e que, por elo, desenvolveranse “xornadas formativas moi interesantes con relatores como o presidente da Asociación do Corzo Español, Florencio Laminja Markina”, e ademais a programación inclúe unha exhibición de cans de caza.

As actividades da festa comezarán ambos días a partir das 10.00 horas. Na primeira xornada do sábado, 7 de marzo, haberá charlas sobre a caza e o xabarín, postos de artesanía e caza, tiro con arco, entrega de premios do concurso de carteis, actuacións do Grupo de música e baile tradicional Rebulir e da Charanga Os Támega. Ao día seguinte, o 8 de marzo, haberá unha exhibición de cans de caza, mercadillo, tiro con arco, animación, música, xogos para os máis cativos, entrega de premios de cans de caza, entre outras actividades. En ambas xornadas, os asistentes poderán degustar a carne de xabarín.

Lois López, de Carnicería de Pueblo, en Onda Cero Ourense
Lois López, de Carnicería de Pueblo, en Onda Cero Ourense | Onda Cero Ourense

Esta semana no noso espacio "Se nos va la Olla" achegámonos tamén ata a carnicería "de Pueblo" para que o seu xerente, Lois López nos contara os segredos do sabor da carne e hamburguesas que ten no seu establecemento da Rúa Reza en Ourense.

Ademáis da súa dirección física en Rúa Reza 14 (baixo) en Ourense, podedes atopar a Carnicería "de Pueblo" na súa página web e nas RRSS.

Vive a túa propia historia
Vive a túa propia historia | Gadasa