Sanidade

Primeiro nacemento no paritorio provisional de Ourense

A cativa chámase Patricia e pesou pouco máis de 3 kilos

Paco Sarria

Ourense |

Primeiro nacemento no paritorio provisional de Ourense
Primeiro nacemento no paritorio provisional de Ourense | onda cero ourense

O Hospital Materno de Ourense, provisional durante alomenos un ano, estrenouse co primeiro parto.

O bebé, de nome Patricia, naceu soamente unha hora despois de completarse o traslado e pese a que as previsións apuntaban a que non sería operativo ata hoxe.

Patricia pesou ó nacer 3,100 kilos e seus pais; José e Lidia; son de Maceda.

O equipo do novo materno está integrado por 30 enfermeiros e enfermeiras e por dezasete médicos.

Do traslado deu conta o director da atención hospitalaria do CHUO, José Antonio Quiroga, salientando a ausencia de contratempos.

Lembremos que dende a xefatura do servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, Esther Álvarez declarou que sendo o espazo suficiente, o equipamento podería ser mellorable.

Engadir a todo elo que as críticas de diferentes colectivos e usuarias seguen presentes por diferentes eivas detectadas e que a Comisión de Centro reclama maior transparencia á xerencia sobre este traslado.