Fernando González Abeijón, destacou que a Xunta de Galicia destina preto de 40.00 euros a asociacións As Burgas e a Aspanas para mellorar as súas instalacións. Fíxoo esta mañá en sendas visitas a centros de ambas entidades.
Fernando González Abeijón explicou que a metade desta contía foi para a reforma do pavillón das Burgas, a primeira entidade que visitou hoxe; e a outra metade foi destinada á mellora do sistema de tubaxes de desaugadoiro das augas residuais de Aspanas. Ambas axudas foron financiadas coa orde de fondos a cargo do 0,7% do IRPF.
Xa nas instalacións de Aspanas, o director xeral subliñou que a asociación recibiu da Xunta de Galicia preto de 50.000 euros a comezos deste ano para a adquisición dun vehículo adaptado que permita mellorar o transporte.
Actos de entroido
Fernando González Abeijón aproveitou a visita aos centros para desfrutar cos usuarios de As Burgas e Aspanas na celebración do entroido. Durante estes días as dúas asociacións estiveron realizando actividades relacionadas con esta tradicional festa, polo que non faltaron disfraces e xogos.