Enoturismo

A Xunta aposta pola modernización das instalacións enoturísticas da provincia

Turismo de Galicia está a desenvolver varias liñas de traballo dirixidas a mitigar a pegada de carbono, promover unha mobilidade sostible, e facilitar a accesibilidade ás adegas e aos establecementos turísticos situados nestes territorios.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta aposta pola modernización das instalacións enoturísticas da provincia
A Xunta aposta pola modernización das instalacións enoturísticas da provincia | Xunta de Galicia

O delegado territorial Manuel Pardo sinalou que unha das liñas de actuación da Xunta facilitan que os establecementos turísticos de aloxamento e adegas situadas nos territorios das cinco rutas do viño de Galicia, poidan mitigar a pegada de carbono, promover unha mobilidade sostible, e facilitar a accesibilidade ás adegas e aos establecementos turísticos situados nestes territorios.

Nesta liña, Manuel Pardo lembrou tamén que a Xunta convocou unha liña de axudas que contemplaba catro liñas de actuación. A primeira centrábase no establecemento de estacións de reparación para bicicletas e patinetes eléctricos e na creación de puntos de recarga para contribuír á adaptación ao cambio climático do destino; e por outra banda, en actuacións de restauración paisaxística nas áreas onde se implanten os puntos de recarga.

A seguinte incluía a adquisición de bicicletas e patinetes eléctricos destinados ao préstamo. O terceiro eixo orientaba as actuacións á creación e implantación de proxectos dixitais para o desenvolvemento do sistema de xestión dos vehículos eléctricos. E a última liña baseábase na creación de sinalética e para accións de comunicación e información das experiencias xeradas.