Premios do Foro do Burgo de Caldelas

O concello de O Castro de Caldelas conmemora o Día das Letras Galegas coa 4ª edición dos Premios do Foro do Burgo

O xoves 14 de Maio ás 19:00 horas na Igrexa do Burgo có gallo do Día das Letras Galegas o Concello de O Castro de Caldelas conmemora o 798 aniversario do FORO DO BO BURGO: (1228) é o documento máis antigo escrito en lingua galega

Onda Cero Ourense

Ourense |

O concello de O Castro de Caldelas conmemora o Día das Letras Galegas coa 4ª edición dos Premios do Foro do Burgo
O concello de O Castro de Caldelas conmemora o Día das Letras Galegas coa 4ª edición dos Premios do Foro do Burgo | Concello de O Castro Caldelas

Nestos IV PREMIOS réndeses homenaxe a destacadas figuras do panorama cultural, social e profesional de Galicia que destacan pola defensa da lingua e a identidade de Galicia.

Os Premios levan firma de autor ourensá e amigo de Caldelas: Acisclo Manzano.

Premiados no Foro do Bo Burgo de Caldelas

  • Historia: Simón R. Doubleday.
  • Reconstrucción Histórica: Casa da Cuesta.
  • Canción: Miro Casabella polo himno "O meu pais" cocomposto polo poeta Caldelao Xoán Manuel Casado.
  • Literatura: Rosalía Morlán.
  • Arte: Siro López, autor do Cartel da Semana Santa de Castro Caldelas.
  • Lingua: Valentín García.
  • Cine: Ignacio Vilar.
  • Xornalismo:Maribel Outeiriño.
  • Xestión Cultural: Marta Lucio.
  • Música: María do Ceo.
  • Institucións e Patrimonio: Fundación Otero Pedrayo (no ano oteriano).
  • Defensa da Cultura: APATRIGAL.
  • Deporte: Rafael Louzán.
  • Dereito: Carmen Eiró.
  • Eido da Fe: Mons. Leonardo Montanet.

A relevancia destos Premios queda reflectida no alto nivel de Autoridades confirmadas: Presidente do Parlamento de Galicia, Subdelegado do Goberno, Director Xeral de Patrimonio, Presidente da Real Academia Galega, Xerente do Hospital de Monforte de Lemos, Director da UNED de Ourense, a escritora Marica Campo, o escultor Acisclo Manzano e Alcaldes entre outros...

Con este 798 Aniversario Castro Caldelas reafirma o seu compromiso coa custodia e difusión do documento que marca o nacimiento administrativo da nosa lingua, proyectando a súa importancia cara o futuro.

A fermosa Igrexa do Burgo será o escenario de desenvolvemento do acto, preparada para a ocasión cunha maravillosa decoración artesán feita a Gancho polas mulleres de Caldelas.

A voz de Miro Casabella e de María do Ceo poñerán a nota musical e o acto rematar coa degustación de produtos Caldelaos e Viño da D.O. Rubeira Sacra, subzona de Castro Caldelas.

Tamén conmemorando o Ano Oteriano nunha das Capelas mostraremos unha Exposición sobre a figura de Otero Pedrayo e a súa figura en Castro Caldelas.

Sara Inés Vega, alcaldesa de O Castro de Caldelas convida a veciños e visitantes a participar neste IV PREMIO DO FORO DO BO BURGO DE CALDELAS como conmemorando do DÍA DAS LETRAS GALEGAS