Expourense

O VIII Car Outlet pecha con 135 coches vendidos e máis de 3.500 visitas

Organizado por Expourense e A.C.AU.T.O. contou coa participación de 20 concesionarios que representaban a 28 marcas.

Onda Cero Ourense

Ourense |

O VIII Car Outlet pecha con 135 coches vendidos e máis de 3.500 visitas
O VIII Car Outlet pecha con 135 coches vendidos e máis de 3.500 visitas | Expourense

Este salón organizado entre Expourense e a Asociación de Concesionarios Oficiais de Automóbiles de Ourense-ACAUTO, coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, está xa consolidado como una cita agardada polos expositores e tamén polos visitantes. Esta oitava edición contou coa participación de 20 concesionarios oficiais que representaban a 28 marcas e que ofrecían máis de 400 opcións de todos os modelos, gamas e motorizacións.

Estes datos indican a clara intención de compra dos visitantes que, segundo indican os expositores “teñen moi claro o que buscan e saben o prezo de mercado do coche que queren. Veñen a Expourense a comparar e ver que no salón está máis barato que no concesionario, anímaos a pechar a compra”.

A esta cifra de ventas pechadas no salón haberá que engadir as que se pechen durante os próximos días por parte dos “indecisos” durante a súa visita ó salón e tamén as xurdidas de contactos realizados durante a feira. Ademais das vendas pechadas nestes 3 días, esta cita serve tamén de toma de contacto para unha transacción a curto prazo. O proceso de compra dun vehículo supón un importante desembolso para as familias que visitan o salón, miran, van para a casa a pensar e aos poucos días acoden ao concesionario pechar a compra ou para coñecer máis detalles e probar o coche.

Esta foi a primeira das tres citas que Expourense organiza con ACAUTO. Como é habitual, no mes de outubro celebrarase tamén o Salón del Automóbil Novo (16 a 18 de outubro de 2026) e o Salón do Automóbil de Ocasión (23 a 25 de outubro de 2026). Ambas as dúas citas celebrarán a súa 17ª edición.