MÁS DE UNO OURENSE

Arde nunha nave do polígono de San Cibrao e calcínanse dous camións

Novo susto nunha nave dunha empresa de transportes do Polígono de San Cibrao das Viñas en Ourense por un lume acontecido de madrugada que obrigou a un amplo desplegue de bombeiros.

Jesús Álvarez

Ourense |

Arde nunha nave do polígono de San Cibrao e calcínanse dous camións
Arde nunha nave do polígono de San Cibrao e calcínanse dous camións | Bombeiros

Un lume afectou de madrugada a unha nave industrial dunha empresa de transportes por estrada ubicada en Pazos de San Clodio, no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. Ademáis resultaron calcinados dous trailers que estaban cargados con pezas de vehículos.

No momento do suceso, as instalacións estaban baleiras e foi un particular o que alertou ao 112 da posibilidade de que as lapas afectasen a un depósito de gasoil. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) activou de inmediato un amplo operativo no que participaron os Bombeiros de San Cibrao e de Ourense, a Garda Civil, o GES do Pereiro de Aguiar e persoal do distrito forestal da zona.

Tras un intenso traballo para conter as lapas, o incendio dábase por controlado a primeiras horas da mañá, aínda que os servizos de emerxencias permañeceron no lugar para arrefriar a zona e evitar posibles rebrotes. Agora investíganse as causas do sinistro.