Concello de Allariz

A veciñanza de Allariz xa pode pagar os seus impostos a través de Correos

O Concello de Allariz e Correos acordan facilitar á cidadanía o pago de tributos locais a través das oficinas postais e dos carteiros e carteiras rurais.

Óscar Gómez

Ourense | 16.01.2023 08:58

A veciñanza de Allariz xa pode pagar os seus impostos a través de Correos
A veciñanza de Allariz xa pode pagar os seus impostos a través de Correos | onda cero

Grazas a este convenio, a veciñanza poderá pagar as obrigacións tributarias e outras de Dereito Público xestionadas polo consistorio nas 21 oficinas de Correos da provincia de Ourense ou en calquera das 2.370 oficinas de Correos distribuídas por todo o Estado.

Con este servizo de Correos, os alaricanos e alaricanas contan cunha canle áxil e sinxela á hora de cumprir cos seus abonos. Ademais, este acordo permite que poidan abonalos comodamente a través dos 144 carteiros e carteiras rurais da provincia, sen necesidade de desprazarse.