Concello de ourense

O servizo de autobuses inicia a xornada con relativa normalidade

Todas as liñas incluídas nos servizos mínimos da folga están funcionando, agás a 9, 13B, 18, 19 e 26, que non o poden facer como consecuencia dos ataques sofridos polos vehículos

Óscar Gómez

Ourense | 04.05.2022 09:58

O Concello revolucionará o tranporte urbano, cun autobús cada 9 minutos
O Concello revolucionará o tranporte urbano, cun autobús cada 9 minutos | onda cero

O servizo municipal de autobuses urbanos saiu esta mañá con relativa normalidade. Todas as liñas incluídas nos servizos mínimos da folga están funcionando, agás a 9, 13B, 18, 19 e 26, que non o poden facer como consecuencia dos ataques sofridos polos vehículos.

O Concello de Ourense lamenta as molestias que estes feitos poidan supoñer ás persoas que utilizan o servizo municipal de autobuses e úrxelle á concesionaria para que os servizos afectados se activen o antes posible.

O decreto de servizos mínimos de transporte colectivo urbano establece que:

a) Durante a folga, prestarase servizo por 1 vehículo en cada unha das seguintes liñas: 1, 2, 3, 5, 7, 9, 10, 12, 14, 15, C17, 18, 19, 22, 26, 6B, 11A, 11B e 13B ( 52,8 % dos servizos diarios).

b) Débese garantir o ultimo e primeiro horario de cada servizo.

c) Os traxectos dos servizos mínimos deben realizarse de forma completa.

d) Para o resto de persoal da empresa concesionaria, establecese uns servizos mínimos do 50%.