Guerra Ucrania

Sae das naves da Deputación o primeiro camión con axuda humanitaria para Ucraína

Con material recollido polo Concello de Ourense e almacenado no parque da maquinaria pola institución provincial, o envío foi organizado por AGA-Ucraína e financiado por Afundación e Abanca

Óscar Gómez

Ourense | 22.03.2022 09:30

Sae das naves da Deputación o primeiro camión con axuda humanitaria para Ucraína
Sae das naves da Deputación o primeiro camión con axuda humanitaria para Ucraína | onda cero

O envío do material humanitario, recollido polo Concello de Ourense e almacenado no parque da maquinaria pola institución provincial, foi organizado por AGA-Ucraína e financiado por Afundación e Abanca. Os deputados Luz Doporto e Pablo Pérez supervisaron o proceso de carga do camión, que ten como destino o punto fronteirizo de Przemysl, entre Polonia e Ucraína.

O centro loxístico activado pola Deputación busca canalizar e coordinar a resposta dos concellos ourensás ante a guerra de Ucraína. O goberno provincial ten en funcionamento un dispositivo posto en marcha pola Área de Benestar, onde un grupo de traballo técnico agrupa toda a información sobre as iniciativas que se estean levando a cabo dende o ámbito municipal. Así habilitouse un enderezo electrónico e un teléfono (ourenseconucrania@depourense.es - 988 317 772) para que os concellos faciliten unha persoa de contacto que permita coñecer, dun xeito áxil, que material poden ofrecer e enviar, favorecendo as sinerxías e garantindo a resposta máis eficiente e ordenada posible.