Esta EBAR é un punto central da rede de abastecemento do municipio, e o seu estado despois de máis de 25 anos é malo, polo que a súa renovación faise urxente.
Ribadavia ten 5 EBAR, Estacións de Bombeo de Augas Residuais, encargadas de transportar o transporte das augas residuais pola rede de saneamento nos puntos nos que non se pode realizar por gravidade, e levalas ata a EDAR, Estación Depuradora de Augas Residuais, situada en Francelos.
O Concello pretende con esta actuación varios obxectivos: 1º, evitar un posible vertido ao río Avia no seu paso polo centro da vila. 2º, limpeza en profundidade da instalación e renovación da maquinaria.
Así mesmo, debido a súa ubicación no casco histórico, e ao mal estado da caseta na que está ubicada a EBAR, a súa rehabilitación tamén se fai obrigada e moi necesaria.
Ribadavia solicitou á Xunta a súa colaboración co Concello a través da convocatoria do Fondo de Compensación Ambiental 2023.