Feira do viño do Ribeiro

Presentado o cartel da 60ª edición da Feira do Viño do Ribeiro

O cartel da 60ª edición da Feira do Viño do Ribeiro é unha readaptación do de 1964 feita por Francisco Sánchez

Onda Cero Ourense

Ourense | 15.03.2023 13:58

Presentado o cartel da 60ª edición da Feira do Viño do Ribeiro
Presentado o cartel da 60ª edición da Feira do Viño do Ribeiro | Onda Cero Ourense
Presentación do cartel da Feira do Viño do Ribeiro

A organización da Feira do Viño do Ribeiro presentou o cartel da edición número 60, que se celebrará os días 28, 29 e 30 de abril de 2023, no recinto da Alameda de Ribadavia.

Por mor da celebración do sesenta edición, a organización tivo a ben facer unha homenaxe á edición inaugural a través dunha adaptación do cartel da primeira edición, do ano 1964.

Carteles Feira do Viño do Ribeiro de 1964 e 2023
Carteles Feira do Viño do Ribeiro de 1964 e 2023 | Concello de Ribadavia

O cartel está redeseñado por Francisco J. Sánchez Moreno, profesional do deseño gráfico que leva toda unha vida traballando dende Ribadavia e que está moi vencellado e involucrado coa Feira do Viño do Ribeiro dende hai moitos anos.

En referencia á “actualización” do cartel, o seu autor comenta que “tratou de manter a esencia do cartel orixinal conservando a estrutura e renovando certos detalles pero sen alterar o deseño, mantendo a estética da época.”

Participaron no acto de presentación:

  • Noelia Rodríguez Travieso - Alcaldesa do Concello de Ribadavia
  • Juan M. Casares Gándara - Presidente do Consello Regulador da D. O. Ribeiro

A Feira do Viño do Ribeiro e todo as súas actividades poderase seguir a través da súa páxina web

Entrevista a Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia, en Más de Uno Ourense