Deporte

Ourense acolle o 'I Campus Raquel Carrera' para rapaces nados entre os anos 2007 e 2017

Terá lugar do 3 ao 7 de xullo no Pavillón dos Remedios, baixo o selo de 'Cultura do Esforzo', e dirixido polo adestrador Andreas Farakos. Xunto á xogadora de Valencia Básquet, sub-campioa de Europa este verán, participarán técnicos do C.O.B., A.D. Bosco e Maristas.

Óscar Gómez

Ourense |

Ourense acolle o 'I Campus Raquel Carrera' para rapaces nados entre os anos 2007 e 2017
Ourense acolle o 'I Campus Raquel Carrera' para rapaces nados entre os anos 2007 e 2017 | onda cero

Chega a Ourense a primeira edición do Campus Raquel Carrera, unha actividade formativa dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2007 e 2017 que terá lugar do 3 ao 7 de xullo no Pavillón dos Remedios. A xogadora ourensá do Valencia Básquet, internacional con España -e integrante do equipo que acadou a medalla de prata no Eurobásquet celebrado en Israel-Eslovenia neste mes de xuño- participará directamente no campus, que estará dirixido polo adestrador Andreas Farakos xunto a representantes dos clubs ourensáns C.O.B., A.D. Bosco e Maristas Ourense.

Ourense acolle o 'I Campus Raquel Carrera' para rapaces nados entre os anos 2007 e 2017
Ourense acolle o 'I Campus Raquel Carrera' para rapaces nados entre os anos 2007 e 2017 | onda cero

As persoas participantes poderán desfrutar de adestramentos, xogos e actividades relacionadas co baloncesto e co desenvolvemento dos valores da Cultura do esforzo, lema do Valencia Básquet. Todos os asistentes serán obsequiados cunha camisola reversible de adestramento e recibirán diferentes sorpresas ao longo do campus, que ten un prezo de 250 euros.

O campus estará dirixido por Andreas Farakos, un técnico que conta cunha dilatada carreira dentro do Valencia Básquet. Ten experiencia como delegado no equipo feminino durante varias tempadas -até a 2020-21-, e actualmente adestra os xogadores / as de L'Alqueria Academy, programa internacional