Ourense Cidade

Novo prazo para solicitar axudas de rehabilitación de vivendas no Centro Histórico

As bases completas e o modelo de solicitude está dispoñible na sede electrónica do Concello de Ourense.

Óscar Gómez

Ourense | 28.05.2021 11:51

Calle historica en Ourense
Calle historica en Ourense | Rutea

O Concello de Ourense abriu hoxe o prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas e espazos comúns no Centro Histórico (17ª fase) e no Núcleo Etnográfico de Seixalbo (12ª fase) dentro de programa das Áreas de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU), un programa do Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense.

Dentro desta convocatoria, que se manterá aberta por espazo dun mes[desde o 28 de maio até o 28 de xuño], entran actuacións de execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas. Así, están incluídas as actuacións de instalación de ascensores ou outros medios técnicos que resolvan a mobilidade vertical na edificación; adecuación do acceso para as persoas con discapacidade; das condicións de protección fronte a incendios; salubridade; elementos de estanquidade fronte á choiva; habitabilidade das vivendas; seguridade estrutural; canalizacións; sistemas de aforro enerxético; mellora da eficiencia enerxética; illamento térmico e illamento acústico, etc.

A principal novidade desta convocatoria é que se poden solicitar axudas para vivendas deshabitadas.

A contía das axudas é de 245.500 euros no Centro Histórico de Ourense, e de 87.200 euros no núcleo de Seixalbo. En total, 332.700 euros. O procedemento será mediante concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

As bases completas e o modelo de solicitude está dispoñible na sede electrónica do Concello de Ourense: [Enlace]