Turismo

Manuel Baltar reivindica o papel do termalismo como o mellor exemplo de turismo sostible

O presidente da Deputación de Ourense inaugurou un taller de traballo sobre o “Turismo sostible nos nosos Territorios”

Óscar Gómez

Ourense |

Balnearios y SPAs | Pixabay

“O termalismo é o mellor exemplo de turismo sostible e nestes tempos de pandemia representa unha gran oportunidade para o desenvolvemento socioeconómico dos nosos territorios”, afirmou hoxe o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen en calidade de presidente da Rede Europea de Gobernos Locais Intermedios, Partenalia, inaugurou un taller de traballo sobre o “Turismo sostible nos nosos Territorios”, no marco da primeira edición enteiramente dixital da Semana Europea das Cidades e Rexións ( SECR), coorganizada polo Comité das Rexións e a Dirección Xeral REXIO da Comisión europea.

Ante máis de 150 participantes rexistrados neste foro dixital e tamén como vicepresidente da Confederación Europea dos Poderes Locais Intermedios ( CEPLI), Manuel Baltar subliñou que “todas as provincias que integramos Partenalia outorgamos ao turismo un papel estratéxico na promoción económica de cada un dos nosos territorios, por iso son benvidas as boas prácticas achegadas neste taller e a sustentabilidade das súas propostas”. A importancia deste foro, sinalou, “radica na posibilidade de compartir experiencias e estratexias políticas, é dicir, desenvolver proxectos de cooperacióninterprovinciais, que é unha característica principal da cooperación e do traballo en rede que forman parte da filosofía da Asociación”.

Ademais e como presidente da Rede Europea de Cidades Termais Históricas ( EHTTA) detallou tamén as oportunidades que ofrece o turismo termal en tempos de post-covid para conseguir unha maior sustentabilidade no territorio.

Na súa intervención, Manuel Baltar explicou as accións realizadas na provincia, “como o plan , dentro dunha estratexia global onde o noso turismo, o turismo de interior, verase reforzado cun segundo plan, , no que a Deputación actúa como asesora dos concellos”.

Concretando no ámbito termal, Baltar explicou algunhas das accións realizadas para o impulso deste sector desde diversas perspectivas, como a alianza con Renfe, o aproveitamento das vantaxes que achega a administración electrónica, o impulso ao termalismo deportivo, a cooperación coa universidade a través do Campus da auga, a promoción coa feira Termatalia, a especialización de futuros traballadores a través do Centro Galego de Innovación de FP ou o apoio desde a Deputación aos autónomos e emprendedores. “E todo iso coa vantaxe que no futuro supoñerá o AVE, sitúandonos a 2 horas e 15 minutos de Madrid, e todo o potencial que temos nos ámbitos natural, cultural, arquitectónico, histórico, en produtos agroalimentarios de calidade e co reclamo da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco”.

A Semana Europea das Cidades e Rexións ( SECR) é o evento emblemático do Comité das Rexións, que cada ano reúne a miles de responsables políticos locais e rexionais na capital europea durante unha semana, co fin de intercambiar opinións sobre os grandes retos aos que se enfrontan e as solucións e boas prácticas postas en marcha.

Con todo, o contexto da crise sanitaria ha transformado a SECR nun evento exclusivamente dixital, sen que por iso perdese nada da súa ambición inicial posto que se triplicou o número de sesións comparado co ano anterior, celebrándose ao longo de tres semanas e fusionando a última delas coa Semana Verde da Comisión europea.