Concello de Ourense

Jácome proporá o nome de Praza Antonio Valencia á rotonda da estatua de San Rosendo

O alcalde quere renderlle homenaxe pola súa xenerosidade e altruismo ao laboralista ourensán, popularmente coñecido como “o avogado dos pobres”.

Óscar Gómez

Ourense | 28.09.2023 08:00

Jácome proporá o nome de Praza Antonio Valencia á rotonda da estatua de San Rosendo
Jácome proporá o nome de Praza Antonio Valencia á rotonda da estatua de San Rosendo | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, proporá darlle o nome de Praza Antonio Valencia á rotonda presidida pola estatua de San Rosendo (na confluencia entre as rúas Progreso, Concordia e Xoán XXIII). Con esta iniciativa, o rexedor pretende renderlle homenaxe a este recoñecido laboralista ourensán, que faleceu o día 3 de agosto, aos 64 anos de idade. En círculos cidadáns era denominado “o avogado dos pobres”, polo labor altruísta que constantemente desenvolvía para proporcionarlle asesoramento e apoio profesional gratuíto a aquelas persoas que o precisaban. Antonio Valencia Fidalgo tiña nesta zona da cidade o seu despacho profesional: A Terra Avogados.