Cultura

Inauguración da exposición "Oficio e arte"

A mostra, aberta ata o 7 de maio, fai un percorrido polo medio século de experiencia profesional do artista ante o lenzo e o óleo.

Óscar Gómez

Ourense | 17.03.2023 09:18

 Inauguración da exposición "Oficio e arte"
Inauguración da exposición "Oficio e arte" | onda cero

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a inauguración da exposición “Oficio e arte”, de Manuel Vidal, que estará aberta no centro cultural ata o vindeiro 7 de maio.

A inauguración da mostra, que debulla cara atrás na traxectoria do artista realizando un percorrido polo seu medio século de experiencia profesional ante o lenzo e o óleo, contou coa presenza de Manuel Vidal, o crítico de arte Xabier Limia de Gardón e o director do centro cultural, Francisco González.

Manuel Vidal é un pintor clásico, que cultiva a pintura figurativa con claras referencias ao hiperrealismo. Os seus cadros son case fotográficos e miran sempre cara a Galicia. Así, neles aparecen lugares coñecidos das cidades galegas, especialmente Ourense, como é a Praza do Ferro ou a Ponte Romana, e tamén das nosas vilas. Pero hai lugar neles ás paisaxes rurais, as viñas, os atardecer, o mar ou o traballo mariñeiro con rederas e barcas na costa galega.

O abandono do rural e a "crítica velada" a modismos da pintura contemporánea tamén están presentes na exposición protagonizada por Manuel Vidal, que tamén foi profesor de pintura na Escola de Artes e Oficios da Deputación.