O ourensán Gonzalo Caparrós, vén de ser convocado pola Selección Española para participar no Campionato de Europa sub17 de Loita Grecorromana que se disputa en Bucarest, amosando así o gran nivel que está a demostrar nesta tempada. O loitador ourensán, que pertence ao Club Atila de Ourense, é o único deportista galego seleccionado e partirá o día 12 para a capital de Rumanía, onde terá lugar a competición europea.
O concelleiro de Deportes e presidente do CMD, Mario Guede, felicita ao deportista ourensán, “todo un exemplo de esforzo, constancia e traballo ben feito”, así como ao Club Atila, “por situar a un dos membros da súa canteira na elite europea da competición en Loita Grecorromana”.