SUCESOS OURENSE

Ferida grave unha conductora nun choque cun camión en San Cibrao das Viñas

O turismo e o camión bateron frontalmente ao invadir a conductora o sentido contrario según informou a Garda Civil.

Jesús Álvarez

Ourense |

Choque frontal en San Cibrao das Viñas (Ourense)
Choque frontal en San Cibrao das Viñas (Ourense) | Garda Civil Tráfico Ourense

Unha conductora resultou ferida grave tras bater o turismo que conducía contra unha camión no quilometro 232 da estrada nacional 525 no concello ourensán de San Cibrao das Viñas. O sinistro viario aconteceu ao "invadir a conductora o sentido contrario", por causas que se descoñecen, segundo informou a garda civil de tráfico.

A ferida foi trasladada ao Complexo Hospitalario de Ourense mentres o conductor do camión resultou ileso e deu negativo nas probas de alcol, estando pendente a proba de drogas.

A garda civil informou dun corte nambos sentidos da estrada Nacional 525, establecendose desvíos alternativos no enlace da autovía das rias baixas.

¿Conoces el canal deOnda Cero en WhatsApp?

Únete ahora