Colexio Luis Vives Ourense

O doctor José Luis Doval no ciclo de conferencias Escola de Saúde Luis Vives

O recoñecidísimo xinecólogo, doutro Doval Conde, coa conferncia "Adolescentes: saúde e seguridade" dará inicio ao curso 2022/23 da Escola de Saúde Luis Vives

Onda Cero Ourense

Ourense | 31.10.2022 10:20

O doctor José Luis Doval no ciclo de conferencias Escola de Saúde Luis Vives
O doctor José Luis Doval no ciclo de conferencias Escola de Saúde Luis Vives | Colexio Luis Vives
Adolescentes: saúde e seguridade

O martes 8 de novembro de 2022, a partires das 19:00 horas a Escola de Saúde do Colexio Luis Vives da inicio ao seu ciclo de conferencias correspondente ao curso 2022-2023. A conferencia inaugural correrá a cargo do eminente xinecólogo Dr. José Luis Doval Conde baixo o título: “Adolescentes: Saúde e Seguridade”.

Un curso máis o Colexio Luis Vives pretende achegar á comunidade educativa, pero tamén ao público en xeral, temas de interese vencellados a saúde e o fai da man dos mellores profesionais.

O Dr. Doval, recoñecidísimo xinecólogo e referente a nivel nacional en contracepción, considerado o pioneiro da anticoncepción en España. En 2018 a Sociedade Española de Contracepción e a Fundación Española de Contracepción concéllende o premio de Personalidade Destacada en Anticoncepción. Coordinador do Centro de Planificación Familiar Novoa Santos de Ourense dende a súa creación no ano 1984, gañouse o respecto e a valoración tanto dos seus compañeiros como da sociedade ourensá. Membro da Comisión Nacional da Especialidade de Xinecoloxía e Obstetricia, Presidente do Colexio Oficial de Médicos de Ourense e Coordinador do Programa de Atención a Muller do Servizo Galego de Saúde.

Múltiple bagaxe científico polas líñas de investigación seguidas e as numerosas publicación en materia de saúde sexual e reproductiva, enriquecido con ponencias e comunicacións en congresos da Sociedade Española de Contracepción e a Sociedade Española de Xiñecoloxía e Obstetricia.