O presidente da Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor inaugurou hoxe na Estación Empalme de Ourense a primeira oficina que se crea nunha estación de ave en España especializada en turismo termal e que entrará en funcionamento o vindeiro día 20 de Febreiro. A oficina non terá persoal pero ofrecerá información tanto en formato dixital coma físico.
Luis Menor sinalaba o "novidoso" desta iniciativa que servirá para promocionar un dos principais recursos da provincia coma é o termalismo anque tamén fará "promocións cruzadas" amosando aos visitantes destinos coma a Ribeira Sacra. Menor marcábase o reto de "conquerir cenmil visitantes anuais aos nosos establecementos termais" o que representaría o 5% dos máis de dous millóns de usuarios de tren que subiron ou baixaron na estación ourensán en 2024.
Menor lembrou que a inauguración realizase nun mes no que está a a desenvolverse con "éxito" o plan de termalismo social que mesmo achegará ata a nosa provincia persoas de Valencia afectadas pola Dana.
A oficina terá un amplo horario de apertura de 17 horas e serverá coma punto de referencia para os balnearios da provincia.
O proxecto está impulsado dende o Inorde e a área de benestar social da institución cuxo director José Juan Cerdeira participou tamén no acto inaugural xunto ao presidente da institución provincial e representantes do sector termal.

