Ourense Cidade

O PP demandalle o estado español prazas para os veciños da Ponte na Estación Intermodal

" Esta obra pode e debe dar unha solución ao déficit de aparcamento existente no barrio máis populoso da cidade de Ourense” sinala Jesús Vazquez

Óscar Gómez

Ourense | 03.06.2021 09:51

O PP demandalle o estado español prazas para os veciños da Ponte na Estación Intermodal
O PP demandalle o estado español prazas para os veciños da Ponte na Estación Intermodal | onda cero

O Partido Popular da cidade de Ourense demándalle ao Goberno de Sánchez que poña prazas a disposición da veciñanza da Ponte no novo aparcadoiro soterrado da Estación Intermodal. De feito, traballos de construcción desta nova infraestrutura con 300 prazas e a urbanización da praza van en tempo e forma e pronto estarán rematados.

Os populares fanse eco así da demanda vecinal no barrio de A Ponte, onde existe gran escaseza de prazas libres de aparcadoiro. “Esta obra, asumida pola Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas nun 67% (3,9M de euros), pode e debe dar unha solución ao déficit de aparcamento existente no barrio máis populoso da cidade de Ourense”, sinala o coordinador municipal dos populares e senador, Jesús Vázquez, quen avanza que tamén serán presentadas iniciativas neste senso tanto no Senado como no Congreso.

Estación Empalme, no barrio da Ponte
Estación Empalme, no barrio da Ponte | onda cero

O novo aparcamento localízase na praza fronte á estación ferroviaria e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.

Será unha infraestrutura subterránea, desenvolta en dúas plantas, e terá capacidade para ao redor de 300 prazas. Sobre o novo aparcamento levará a cabo unha reordenación da praza da estación, incluíndo parada de taxis, zonas de parada momentánea (Kiss& ride), aparcamento de motos e bicicletas, etc.

O resultado final deste espazo liberado de vehículos será unha nova praza peonil cuberta na fronte da estación actual, que funcionará como nodo intermodal e gran espazo público representativo, conectando a estación de ferrocarril, a nova estación de autobuses, o novo aparcamento subterráneo e a nova pasarela peonil urbana entre os barrios do Vinteún e A Ponte.