Ourense Cidade

O Concello mellorará a mobilidade na Praza 200 cun ascensor

O alcalde Pérez Jácome asegura que será “un grande avance para os mil veciños que residen nesta zona”, onde a Fundación Amancio Ortega construirá unha residencia para persoas maiores.

Óscar Gómez

Ourense | 19.12.2022 12:04

O Concello mellorará a mobilidade na Praza 200 cun ascensor
O Concello mellorará a mobilidade na Praza 200 cun ascensor | onda cero

O Concello de Ourense encargará o proxecto para a construción dun ascensor que facilite a mobilidade peonil e evite as pronunciadas ramplas da pasarela que cruza a Nacional 120, á altura da urbanización da Praza 200. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que explica que o obxectivo desta iniciativa é mellorar a accesibilidade das persoas que reside nesta urbanización que na actualidade teñen que utilizar un paso elevado para cruzar a estrada nacional e acceder ao barrio da Ponte. Non será a única mellora da permeabilidade deste barrio, xa que o Concello ten previsto tamén executar unha reforma da pasarela peonil xa existente, cuxo proxecto está case rematado e prevese licitar en breve.

Estas dúas actuacións “suporán un grande avance para os mil veciños que residen nesta zona, xa que lles aproxima en tempo e traxecto ao outro lado da estrada, onde está a cidade, e onde poden acceder a servizos tan importantes como a estación intermodal, o centro de saúde, etc.”, explica o alcalde, quen engade que ademais que está intervención terá unha especial relevancia, dado que esta contorna se atopa xunto á antiga estación de autobuses, xa clausurada, onde a Fundación Amancio Ortega ten previsto construír unha residencia para persoas maiores.