Concello de ourense

A Concellería de medioambiente paraliza a tala indiscriminada na Universidade Laboral

O venres pasado Amigas das Árbores denunciaba a tala indiscriminada calificando de arboricidio o que estaba a ocorrir xa que non todas as árbores estaban en mal estado.

Óscar Gómez

Ourense | 18.01.2022 08:38

A Concellería de medioambiente paraliza a tala indiscriminada na Universidade Laboral
A Concellería de medioambiente paraliza a tala indiscriminada na Universidade Laboral | onda cero

Despois da movilización ambientalista e a denuncia de Amigas das Árbores, a concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense, dictou unha providencia pola que se ordena a paralización inmediata dos traballos de apeo de árbores na contorna da Universidade Laboral e que estaban a ser realizados pola Xunta de Galicia.

O venres pasado Amigas das Árbores denunciaba a tala indiscriminada calificando de arboricidio o que estaba a ocorrir xa que non todas as árbores estaban en mal estado.

O BNG denuncia un novo arboricidio amparado polo Concello de Ourense na Universidade Laboral
O BNG denuncia un novo arboricidio amparado polo Concello de Ourense na Universidade Laboral | onda cero

Da denuncia fíxose tamén eco o BNG e o PSdeG-PSOE calificaba tamén o ocorrido de terrorismo medioambiental e anunciaban que levan o asunto á xunta de area de este martes para esixir os informes pertinentes do que consideran unha "masacre ecolóxica". Onte, un grupo de ambientalistas realizaba unha concentración de protesta na propia Universidade Laboral.