Manifestación 1º de Maio

CCOO e UXT convocan este 1º de Maio en defensa do gañado

Os sindicatos CCOO e UXT en defensa dos logros adquiridos

Paco Sarria

Ourense | 30.04.2024 11:22

1º Maio
1º Maio | La Voz de Galicia

Os sindicatos CCOO e UXT convocan a tradicional manifestación do 1º de Maio para defender o gañado ata o de agora e continuar avanzando con novos retos laborais e sociais.

A manifestación partirá ás 12 do mediodía dende o pavillón municipal de Os Remedios.

Ambas organizacións sindicais lembran que Ourense é unha das provinciais máis envellecidas e coa taxa de natalidade máis baixa, pero ademáis con feminización dos coidados no ámbito familiar e con fenda salarial de xénero.

Segundo os últimos datos da EPA, a taxa de desemprego é do 10,5% e o pleno emprego para CCOO e UXT debe ser prioridade nas políticas estatais, autonómica e local.

Tamén incidirán en que hai que ofertar un futuro digno á mocidade para fixar poboación e nun futuro laboral sostible.