Ourense Cidade

Campaña de prevención e información sanitaria nas rúas de Ourense

Preténdese pórlle freo á expansión da COVID-19 e fomentar o uso de máscaras para a boca.

Óscar Gómez

Ourense | 15.07.2020 08:03

Cruz Vermella desenvolve unha campaña de prevención frente o Covid-19
Cruz Vermella desenvolve unha campaña de prevención frente o Covid-19 | La voz de galicia

ruz Vermella e o Concello de Ourense presentaron esta mañá a campaña informativa que desenvolverán os voluntarios da organización na rúas da cidade. Unha medida disuasoria e preventiva para evitar a expansión do coronavirus, insistindo na necesidade de usar as máscaras protectoras, e ao mesmo tempo, lembrar consellos básicos para esta época do ano: hidratarse continuamente, evitar as horas centrais do día, etc.

Os voluntarios de Cruz Vermella estarán apostados nos lugares de maior concorrencia, desde a rúa do Paseo até as piscinas municipais de Oira, e “non queremos vender nada”, advirte José Ramón Bayón, responsable de Servizos Preventivos: “só axudar”.

Neste sentido, o alcalde quixo recoñecer o labor silencioso da organización, que semella pasar desapercibida para grande parte da sociedade pero resulta fundamental no espazo ao que non chegan as institucións. Para a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz, “non hai mellor tratamento que unha boa prevención”.