A Asociación Ecoloxista "Amigas da terra" alerta da proliferación das denominadas cianobacterias -nestes días de moita calor- no encoro das conchas entre os concellos de Muíños, Bande e Lobeira. A organización ecoloxista fala dun novo "bloom" que mesmo chega as praias fluviais da contorna dos baños termais de bande ou a Corgo en Mugueimes (Muiños).
Dende Amigas daTerra urxen que se tomen medidas de protección porque entenden que "esta situación de contaminación por cianobacterias está a afectar á salubridade e ao estado sanitario das augas e supoñen un risco para a poboación".

