O evento desenvolverase en xornada única o domingo 24 de maio nas instalacións do Seixo, empregando catro campos de xogo simultáneos (dous de herba natural e dous de artificial) para ofrecer unha experiencia dinámica e competitiva de primeiro nivel.
A organización do CD Allariz priorizou o benestar dos deportistas con servizos gratuítos, como bebida e froita durante todo o día, zonas de sombra con carpas para combater a posible calor e a asistencia permanente de Protección Civil. Ademais do Bar do Seixo, habilitarase un posto de bebidas auxiliar a carón do campo de herba natural para maior comodidade do público e acompañantes. A xornada completarase cun xantar de irmandade no Camping de Allariz, con menús adaptados tanto para os xogadores como para as súas familias. Ao remate, todos os equipos recibirán un agasallo como lembranza, alén dos trofeos por clasificación e as distincións individuais por categoría.
As inscricións permanecen abertas ata cubrir o cupo máximo de 12 equipos por categoría, cunha data límite fixada para o 1 de maio. Os clubs interesados poden informarse no teléfono de contacto 637 342 713.


