Ourense Provincia

Allariz celebrará o 25N con actividades durante toda a semana

A área de Benestar Social do Concello de Allariz, organiza unha programación chea de actividades que terán lugar dende o 21 ao 27 de novembro en Allariz.

Óscar Gómez

Ourense | 15.11.2022 10:19

Allariz celebrará o 25N con actividades durante toda a semana
Allariz celebrará o 25N con actividades durante toda a semana | onda cero

O lema das xornadas deste ano será “Faino por ti”. Segundo nos explicaban Maribel Poisa Rey concelleira de Benestar Social e Cristina Outeiriño, técnica de igualdade do Concello de Allariz, un berro de esperanza para seguir loitando por un mundo sen violencia e para que as mulleres poidan saír da invisibilidade e dar un paso adiante cara unha nova vida lonxe de calquera tipo de maltrato. Cristina resaltaba a importancia de sumar forzas para acabar con calquera tipo de discriminación cara as mulleres e a prol dun traballo que abarque todos os ámbitos da sociedade, a través da coeducación, igualdade e convivencia.

O Concello de Allariz pretende que coas diferentes propostas abarcar o fomento dos bos tratos, practicando ás relacións sen violencia, a eliminación de prexuízos, mitos, e estereotipos de xénero e tamén promovendo o cambios de patróns sociais e culturais, as novas masculinidades e a implicación de toda a sociedade na construción dunha igualdade real e efectiva que sirva para a destrución da violencia machista. So tomando os bos tratos como modelo a seguir poderá construírse unha sociedade xusta e libre de violencia.

As actividades comezarán o luns 21 cunha charla obradoiro de empoderamento e sororidade entre mulleres ás 17:00h no Fogar dos Maiores. Esta charla-obradoiro con Dora Cabaleiro leva por titulo “Sacala voz” e está dirixida a mulleres na que se traballará aspectos como a sororidade, autoestima, empoderamento e liderado femenino.

O martes as actividades trasladaranse ao IES de Allariz ca obra de teatro Golpes. A esta obra de asistirá o como alumnado de 3º da ESO do centro.

O mércores 23 será o turno da charla sobre relacións sas e o bo uso das redes sociais, con Lucía Fernández Coutado ás 19:00h no Fogar dos Maiores. Durante esta actividade abarcarase aspectos tan importantes como unha contextualización sobre os diferentes tipos de violencias, así como estereotipos de xénero, igualdade e sororidade. A actividade está aberta a toda a poboación pero con especial incidencia na adolescencia (dende os 12 anos) e pais e nais.

O venres 25 ás 12:00h será a lectura do manifesto contra a violencia de xénero na Praza Maior.