Ourense Cidade

19 obradoiros de artesanía participan na XXVI Feira de Artesania

Nesta edición participan obradoiros artesanais especializados en cerámica, xoiería, bixutería, marroquinería, arranxos florais, esmaltes e téxtil.

Óscar Gómez

Ourense | 02.05.2023 08:05

19 obradoiros de artesanía participan na XXVI Feira de Artesania
19 obradoiros de artesanía participan na XXVI Feira de Artesania | onda cero

Na edición deste ano participan como expositores 19 obradoiros de Artesanía de Galicia e un procedente de Asturias, especializados no traballo coa xoiería, cerámica, esmaltes, marroquinería, téxtil, bixutería e arranxos florais. Os obradoiros de Artesanía de Galicia son Xakarandá (Marín), Amorei (Soutomaior), Chueco (A Coruña), La Aguada Artesanías (Ribadavia), Mario López (Vigo), Silvereira (Ames), Zimzelatum (Gondomar), Montse Betanzos (O Grove), Paz Navas (A Coruña), A Sariña Maquinando (Ourense), Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Geli Fraga (Cambre), Noga Arts Joyería (Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Taller Viola (Oza-Cesuras), Cerámica Ferreira (Vigo), Las Flores de Greta (Gondomar), Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa) e María Aba (Ourense).

Na programación de actividades inclúense tres talleres de artesanía en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. O martes 2 de maio a cesteira Julia de la Cal impartirá un taller de cestería caótica; o mércores 3 de maio haberá un taller de La de ovella autóctona, a cargo da artesá Teté Mareque, o venres día 5 será a quenda do luthier Marcos Domato, e o sábado 6 haberá un taller con Olería do Batán.