Concello de Ourense

O Psoe demanda a Xunta a impulsar o reequilibrio territorial e frear o despoboamento

Villarino esixe a Feijóo “antes de que marche de Galicia” e “sendo como é de Ourense” accións “en favor da súa provincia”, como xa fixo o Estado coa creación da Confederación Hidrográfica

Fernández asegura que a Xunta “debe unha colaboración económica e xestos claros” cara Ourense a través dunha “discriminación positiva” e pediu a creación dunha Consellería de Reto Demográfico

A Xunta “ten que dar unha colaboración económica e tamén xestos claros” hacia a provincia cunha discriminación positiva

ICC Week

O Alpinche e Hombres G dan saída á oitava edición da Ourense ICC Week

O mítico vehículo de Estanislao Reverter será a imaxe desta edición. “O Alpinche, unha imaxe icónica da nosa historia, ten moito que ver co espírito creativo da Ourense ICC Week”, sinalou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que tamén destacou a programación musical, co grupo de David Summers coma abandeirado dun ciclo no que tamén estarán, entre outros, Amaro Ferreiro

“Esta programación converterá esta ICC Week na mellor de todas as realizadas ata agora”, avanza o presidente da Deputación, institución que organiza esta semana das industrias culturais e creativas e que se celebrará na provincia de Ourense entre o 22 e o 29 de abril