Ourense Cidade

La Molinera será, desde abril de 2020, a sé do Centro de Investigación para a Intelixencia Artificial en Ourense

As actividades que se desenvolven actualmente no centro de coñecemento pasarán a impartirse na Escola Municipal emprazada no complexo cultural de San Francisco.

Óscar Gómez

Ourense | 13.11.2019 09:49

La molinera Ourense
La molinera Ourense | concello de ourense

La Molinera será, desde o mes de abril, a sé do Centro de Investigación para a Intelixencia Artificial. Para o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o edificio que actualmente alberga o centro de coñecemento é ideal para acoller un número de científicos próximo a 100 persoas. Adianta, ademais, que nas vindeiras semanas, o Concello asinará diversos convenios con universidades e administracións para ir dándolle forma ao proxecto.

Robótica en La Molinera
Robótica en La Molinera | concello de ourense

O edificio, aberto en 2016, acolle actualmente o desenvolvemento de obradoiros e charlas de carácter tecnolóxico e social para todas as idades, iniciativas de carácter empresarial e a Aula CeMIT de alfabetización dixital da Xunta de Galicia, unha das máis activas de Galicia. Só en 2018 pasaron por La Molinera máis de 38.000 ourensáns. Toda esa actividade verase inalterada, xa que pasará a impartirse nas instalacións municipais da Concellería de Educación no complexo cultural de San Francisco.